miniatura|Sede do Consello Xeral de Arán, en Vielha. miniatura|Carlos Barrera, o terceiro síndico de Arán.O Consello Xeral de Arán (en aranés: Conselh Generau d'Aran) é o órgano de goberno autónomo do Val de Arán. Constituíuse oficialmente tralas eleccións de 1991 e está formado por 13 membros. Segundo a Lei 16/1990 do 13 de xullo (DOGC 1326 de 3 de agosto) sobre o réxime especial do Val de Arán, está integrado polo Síndico de Arán (Sindic), polos Conselleiros Xerais (Conselhers Generaus) que funcionan en Pleno e pola Comisión de auditores de Contas (Comission d'Auditors de Compdes).
Circunscricións O Val de Arán divídese en seis circunscricións, correspondentes aos seis terçons históricos. O Consello Xeral está integrado por 13 membros elixidos por cada unha destas circunscricións do seguinte xeito:
Pujòlo: 2 membros. Arties e Garòs: 2 membros. Castièro: 4 membros. Marcatosa: 1 membro. Irissa: 1 membro. Quate Lòcs: 3 membros.
A elección directa dos conselleiros xerais, convocada por decreto autonómico, realízase de acordo coa lexislación electoral vixente, mediante listas pechadas e segundo o sistema D'Hondt.
Competencias O Consello Xeral de Arán ten competencia plena en todo o que faga referencia ó fomento e ó ensino do aranés e da súa cultura, de acordo coas normas de carácter xeral vixentes en toda Cataluña no campo da política lingüística e educativa. Ademais, a Generalitat ten que ceder ó Consello Xeral competencias e servizos polo menos sobre as seguintes materias: Ensino. Cultura. Sanidade. Servizos sociais. Ordenación do territorio e urbanismo. Turismo. Protección, conservación e administración do seu patrimonio histórico artístico. Protección da natureza, montaña e vías forestais. Agricultura, gandería, pesca, caza e aproveitamento dos recursos forestais. Salvamento e extinción de incendios. Xuventude. Lecer e tempo libre. Deportes. Medio ambiente. Recollida e tratamento de residuos sólidos. Salubridade pública. Estradas locais. Transporte interior de viaxeiros. Artesanía.
Ademais, correspóndenlle as facultades que a lexislación da Generalitat recoñeza ás comarcas en relación coas actividades e servizos de competencia municipal, a asistencia ós municipios e a cooperación con estes, a planificación territorial e as actuacións especiais de montaña. O Consello Xeral exerce tamén as competencias que lle delega ou lle asigna a Administración da Generalitat de acordo co que establece a lexislación do réxime local. O financiamento das competencias se fará con Ingresos de dereito privado. Taxas pola prestación de servizos e a realización de actividades da súa competencia. Contribucións especiais en impostos do Estado e da Generalitat establecidas a favor das entidades comarcais. Subvencións e outros ingresos de dereito público. Ingresos procedentes de operacións de crédito. Ingresos que se deriven dos acordos de cooperación establecidos coa Generalitat. Multas. Outros que se poidan establecer.
Tamén corresponden ó Consello Xeral participacións nos ingresos provinciais cando se asuman as competencias da Deputación de Lleida e as contribucións dos municipios do Val de Arán.
En 1993 se lle asignou un 1,86% do total da dotación do FEDER, En 1999 lle foron transferidas competencias en educación (elaboración e produción de libros de texto e material didáctico en aranés, formación permanente do profesorado en lingua e cultura aranesa, auxiliares de conversación en aranés, actividades de implantación da reforma educativa e desenvolvemento en lingua aranesa, xestión dos servizos de comedor e transporte escolar e formación ocupacional) e servizos e funcións en materia de transporte interior de viaxeiros. En 2000 se lle transferiron competencias en sanidade e gandería e pesca e en 2003 en formación ocupacional no ámbito da escola de hostalería e servizos sociais.
Composición Eleccións ao Consello Xeral de Arán Partido 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 Convergéncia Democratica Aranesa - Partit Nacionalista Aranés (CDA) 7 7 9 7 6 7 7 Unitat d'Aran (UA) 6 4 2 5 6 5 5 Partit Renovador d'Arties-Garòs (PRAG) 1 1 1 1 1 Unió Popular Aranesa (UPA) 1 Unió Democràtica Aranesa (UDA) 2 Total 13 13 13 13 13 13 13
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Política de Cataluña Categoría:Política do Val de Arán