Jesús Pensado Figueiras, coñecido como Suso Pensado, nado en Pastoriza (Arteixo) o 17 de outubro de 1971, é un escritor e investigador galego.
Traxectoria Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Despois de vivir varios anos na Bretaña, na actualidade reside na Coruña, alternando con estadías periódicas en Francia. Empezou a súa carreira como tradutor, publicando unha antoloxía dos Cantos, de Giacomo Leopardi.
Obra Poesía A tarde, 2005, Espiral Maior.
Investigación El códice Zabálburu de medicina medieval: edición crítica y estudio de fuentes, 2013 (Tese de doutoramento). «Pasajes del Macer Floridus castellano en el ms. II-3063 de la Real Biblioteca», 2012, Revista de Filología Española. «Textos médicos extraacadémicos: difusión de prognósticos, recetarios, herbarios y tratados de alimentos medievales en romance peninsular», 2014, SIGNA. Revista de la Asociación Española de Semiótica, vol. 23.
Traducións Cantos, de Giacomo Leopardi, 1996, Espiral Maior. Do italiano para o galego. O barco ebrio, de Arthur Rimbaud, 2000, revista Clave Orión. Campo de Marte, de Xulio López Valcárcel, 2002. Do galego para o castelán. Serodio amor, de Emilio Coco, 2006, Espiral Maior. Do italiano para o galego. Con Xulio López Valcárcel. Le volume de l’absence, de Xulio López Valcárcel, 2006, AULIGA, Espiral Maior. Do galego para o francés. Os alimentos terrestres, de André Gide, 2007, Laiovento. Do francés para o galego. Le feu blanc, de Xosé María Álvarez Cáccamo, 2007, AULIGA, Espiral Maior. Do galego para o francés. El volumen de la ausencia, de Xulio L. Valcárcel, ed. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Zaragoza, Aragón y Rioja (Ibercaja, Obra Social y Cultural). Do galego para o castelán. Tradución ao español dunha selección de poemas do libro Les planches courbes de Yves Bonnefoy, revista Antaria, Murcia; páxina de literatura A Rama, na edición arousá de Faro de Vigo.
Obras colectivas Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
Premios III Premio Uxío Novoneyra, 2004, pola obra A tarde. Premio extraordinario de doutoramento, 2013.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1971