dereita|miniatura|Encontro de liga da segunda división B 2016/17 no Estadio de Pasarón entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander. A Segunda Federación de España é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 1977 co nome de Segunda División B e funcionou como terceira categoría (entre a Segunda División e a Terceira División) durante 44 anos,NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021. ata que a introdución en 2021 da nova Primeira División RFEF (hoxe Primeira Federación) alterou a xerarquía das categorías do fútbol español.

A partir da tempada 2021/22, a Segunda B converteuse na cuarta categoría e cambiou a súa denominación, pasando a chamarse inicialmente Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.CIRCULAR N.º 97 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Segunda División B (Segunda RFEF) rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021. Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.

A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. O seu status é semiprofesional e, a pesar de non estar integrada na Liga de Fútbol Profesional, gran parte dos seus clubs contan cunha organización de carácter profesional.

Historia

1ª etapa como terceira categoría A Segunda División B introduciuse na tempada 1977/78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de 20 equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo ascendían directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.

Na tempada 1985/86, con motivo da redución da Segunda División, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo descenderon a Terceira. Así, na tempada 1986/87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de 20. A partir da tempada 1987/88, os campións dos catro grupos eran os que ascendían a Segunda, mentres que os catro últimos de cada grupo perdían a categoría, xunto co 16º clasificado con menos puntos dos catro grupos.

Este sistema mantívose ata a tempada 1990/91, na que desapareceron os ascensos directos de Segunda B a Segunda e introduciuse unha promoción na que participaban os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repartíanse en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figurasen un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas eran os que obtiñan o ascenso a Segunda.

Para a tempada 1993/94 introduciuse unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descendía á Terceira División xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.

Na tempada 2004/05 modificouse novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas foi substituído por un play-off no que os 16 equipos aspirantes ao ascenso se enfrontaban por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promovidos a Segunda.

Na tempada 2008/09 modificouse de novo o sistema de ascensos e descensos. Creouse unha rolda de campións, na que se enfrontaban os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda (e enfrontábanse entre si para determinar que equipo era o campión absoluto da Segunda B). Os perdedores xogaban dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda.

2ª etapa como cuarta categoría En 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha reestruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primeira División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B. Esta, á súa vez, pasou a denominarse Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación. Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.

Coa súa redefinición como cuarta categoría, cambiou o seu formato de competición, pasando a estar composta dun total de 90 equipos, divididos en cinco grupos. Os cinco campións ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo disputan unha fase de ascenso e os cinco últimos clasificados descenden á Terceira Federación.

Sistema de competición A Segunda Federación está composta por 90 clubs divididos en cinco grupos de 18 equipos, emparellados por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da liga. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro, e conclúe no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 18 equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de 34 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.

Efectos da clasificación Posto Clasificación 1º Ascenso directo a Primeira Federación 2º Promoción de ascenso a Primeira Federación 3º 4º 5º 6º-13º Manteñen a categoría 14ºDescenso a Terceira Federación 15º 16º 17º 18º

Ascenso a Primeira Federación Unha vez finalizada a tempada regular os cinco campións dos cinco grupos ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar de cada grupo disputan a promoción de ascenso. Esta promoción consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido de ida e volta, das que saen os cinco equipos que acompañan aos cinco campións no ascenso de categoría.

Descenso a Terceira Federación Ao termo da tempada os cinco últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira Federación. A estes 25 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os catro clasificados no 13º posto, con peor coeficiente de entre os cinco grupos. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo puro. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira.

Equipos filiais Os equipos filiais poden participar en Segunda Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior (Primeira, Segunda ou Primeira Federación). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Primeira Federación e o seu filial conquista o ascenso á mesma categoría, este quedará en Segunda Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Primeira Federación non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo. Isto non será así se o primeiro equipo milita en Primeira Federación pero ten opcións de ascender á Segunda División.

Equipos participantes Tempada 2024/25 Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4 Ávila Avilés Bergantiños Compostela Coruxo Fabril Escobedo Gimnástica de Torrelavega Guijuelo Langreo Laredo Llanera Marino de Luanco Numancia Pontevedra Rayo Cantabria Salamanca Valladolid Promesas Alavés B Alfaro Anguiano Arenas Club Barbastro Calahorra Deportivo Aragón Ejea Gernika Izarra SD Logroñés UD Logroñés Real Sociedad C Subiza Teruel Tudelano Utebo Vitoria Alzira Andratx Atlético Baleares Badalona Cornellà Elche Ilicitano Espanyol B Europa CD Ibiza Lleida Esportiu Mallorca B Olot Peña Deportiva Sabadell Sant Andreu Terrassa Torrent Valencia Mestalla Águilas Almería B Atlético Antoniano Cádiz B Don Benito Estepona Juventud de Torremolinos La Unión Atlético Linares Deportivo Linense Deportiva Minera Orihuela Recreativo Granada San Fernando UCAM Murcia Villanovense Xerez CD Xerez Deportivo Atlético Paso Cacereño Colonia Moscardó Conquense Coria Getafe B Guadalajara Illescas 20px|border Melilla Navalcarnero Rayo Majadahonda Real Madrid C San Sebastián de los Reyes Talavera de la Reina Tenerife B Unión Adarve Unión Sar Yaiza Ursaria

Equipos galegos Un total de 24 equipos galegos pasaron pola Segunda B na súa historia.

Posto histórico Equipo Tempadas Partidosxogados Puntos4º Pontevedra CF3312581603 15º Racing de Ferrol25948125218º CD Ourense 24 914 1168 21º CD Lugo 23 878 114635º Celta B19720935 82º SD Compostela 14 530 55391º Deportivo Fabril10380523135º CD As Pontes 9 342 364132º Coruxo FC8302380181º Arousa SC 7 266 221193º CD Lalín 6 228 194228º Montañeros 3 114 138233º Somozas 3 114 131258º Cambados 3 114 103299º Club Rápido de Bouzas13861300º Bergantiños 2 76 59301º Arenteiro 2 76 58302º Celta 1 38 58305º Deportivo 1 38 56312º Ciudad de Santiago 1 38 50315º Boiro 1 38 45340º Negreira 1 38 34353º Atlético Arteixo 1 38 26355º Cerceda 13825

Actualizado ata a tempada 2017/18

Historial

Como terceira categoría

Tempadas con ascensos directos Desde a creación da categoría ata a tempada 1989/90, non existían as promocións de ascenso a Segunda División, polo que os equipos mellor clasificados ascendían directamente.

Os equipos que ascenderon foron: Tempada Grupo I Grupo II 1º 2º 1º 2º1977–78Racing de Ferrol Castilla AD Almería Algeciras1978–79Palencia Oviedo Levante Gimnàstic1979–80Barakaldo Atlético Madrileño Linares AD Ceuta1980–81Celta Deportivo Mallorca Córdoba1981–82Barcelona Atlètic Palencia Xerez Cartagena1982–83Bilbao Athletic Tenerife Granada Algeciras1983–84Sabadell Logroñés Lorca Calvo Sotelo1984–85Sestao Aragón Rayo Vallecano Albacete1985–86Figueres – Xerez – 1º 2º 3º 4º1986–871Tenerife Lleida Granada Real Burgos G. I G. II G. III G. IV1987–88Eibar Mollerussa Salamanca Alzira1988–89Bilbao Athletic Palamós Atlético Madrileño Levante1989–90Avilés Lleida Albacete Orihuela Deportiva

1 Na tempada 86/87 houbo só un grupo de Segunda B, antes da implantación do actual sistema de catro grupos na tempada 87/88.

Tempadas con promocións