Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.

Traxectoria Pouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñésHai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o 24 de decembro de 1457 (ver Uriarte Basadre). Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío Gómez Pérez das Mariñas I (ver Pardo de Guevara).. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o castelo de Moeche, facendo fuxir cara Pontedeume o seu señor Nuno Freire. Sumando xentes de Mondoñedo e Lugo, até acadar os 10.000 combatentes, Roi Xordo avanzou contra Pontedeume e Betanzos. Alí, o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, tentou infrutuosamente chegar a un acordo de paz. Así e todo, o exército irmandiño atacou Compostela, sendo derrotado polo exército regular do arcebispado. Roi Xordo e as súas tropas regresaron daquela a Pontedeume onde puxeron baixo asedio o castelo dos Andrade. Mais estes, refeito e reforzado o seu exército, conseguiron rompe-lo cerco no ano 1437, derrotando á Irmandade e dando morte a Roi Xordo na batalla..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Revoltas irmandiñas Categoría:Nobres de Galicia do século XV Categoría:Casa de Andrade