San Malaquías é o nome galego do irlandés Malachia O'Morgoir, nado posiblemente en Armagh (Irlanda do Norte) cara 1094 e finado na Abadía de Claraval (Aube, Francia) o 2 de novembro de 1148.
Membro dunha familia nobre, foi bautizado como Maelmhaedhoc (máis tarde latinizado como Malachia); foi abade do mosteiro de Bangor, bispo de Connor e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san Bernaldo de Claraval, foi canonizado o 6 de xullo de 1199 polo papa Inocencio III. A súa festa conmemórase o 3 de novembro.
Atribúeselle a autoría da Profecía dos papas, manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde Celestino II, mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito apócrifo do século XVI.
Non debe ser confundido, por outra parte, co bíblico Malaquías. Véxase tamén
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 1148 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Arcebispos católicos de Irlanda