A Lei de normalización lingüística ou Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística (publicada no DOG nº 84, de 14 de xullo de 1983) é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galiza que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso. Carlos Casares Mouriño participou na súa redacción.
Como di na súa introdución:
Esta lei regula os dereitos lingüísticos dos galegos e o status das linguas oficiais na comunidade autónoma galega (ademais de protexer o galego exterior)
Entre as súas disposicións máis importantes figuran:
Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia. Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua. Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.
Véxase tamén
Outros artigos Historia da lingua galega
Ligazóns externas Texto da Lei de normalización lingüística Diario Oficial de Galicia.
Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Leis de Galicia Categoría:Leis lingüísticas Categoría:1983