No seu sentido máis xeral, a coordinación consiste na acción de coordinar, é dicir, dispor un conxunto de cousas ou accións de forma ordenada, con vistas a un obxectivo común. Segundo Malone, T. W. e Crowston, K. a coordinación é "o acto de xestiona-las interdependencias entre actividades". A partir desta base, o termo pode referirse a distintos significados segundo o contexto:

En anatomía, fálase de distintos tipos de coordinación para se referir ó traballo conxunto de varios órganos, como por exemplo na coordinación man-ollo ou a coordinación muscular. En química, un composto de coordinación refíre algún tipo de metal complexo. En política, pode referirse á acción coherente entre distintas administracións públicas no mesmo país (por exemplo, entre un estado e unha administración federal). En política internacional, fálase de coordinación no sentido de organización de distintos países, organismos ou entidades coa fin de promove-lo traballo conxunto cara a un obxectivo común. No contexto da organización empresarial, a coordinación consiste na integración e enlace de distintos departamentos co fin de realizar un conxunto de tarefas compartidas. Tamén se fala de xogos de coordinación en teoría de xogos para se referir a aqueles xogos nos que se produce un equilibrio cando ambos xogadores empregan estratexias iguais ou correspondentes. En topoloxía e xeometría, fálase de coordinación no sentido de aliñación dun elemento cun espazo de coordenadas. En socioloxía, a coordinación é unha das consecuencias da cooperación entre grupos sociais ou especies. En lingüística, fálase de coordinación gramatical para se referir a unha forma de enlace entre expresións.