Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 129 habitantes (65 homes e 64 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015, cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 158 veciños (87 homes e 71 mulleres).
Xeografía Ten unha superficie de 6,67 km². Limita coas parroquias de Aldixe, As Goás, Abeledo, Corvite e Moncelos; tamén coas de Árbol e Carballido do concello de Vilalba. Pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Entidades e poboación Dos 22 lugares recollidos na toponimia oficial 12 son entidades de poboación, sendo a densidade media de poboación no 2015, de 23,69 hab/km².
As entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son as seguintes: A Abelleira (12), O Asperón (27), Augalevada (26), A Casavella (15), O Castiñeiro (11), O Fondo (5), A Fonte do Mouro (9), Golpilleiras (4), A Uceira Grande (26), Vacaferreira (9), O Valado (3) e Vilatán (11).
Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceira Pequena.
Patrimonio Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "Castrum Baroncelli" do ano 1132.
A antiga igrexa parroquial de Santiago de Baroncelle, na Casavella, data do século XVII. Actualmente atópase en estado ruinoso e pechada ao culto. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía acaroada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so van. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos dos que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Baroncelle
Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín
Notas
Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior