A ximnástica rítmica é un deporte, que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres.

O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.

Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco: Aro. Trátase dun elemento complicado. Anna Bessonova destacou polo seu bo facer con el. Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre. A súa mellor representante foi Vera Sessina. Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica. Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre. Alina Kabaebva foi considerada a súa mellor representante. Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes. A súa figura máis destacada foi Olga Kapranova. miniatura|200px|Grupo de ximnastas en Atenas 2004 Neste deporte olímpico hai competición tanto por conxuntos coma individualmente. Nestes momentos, Grecia, Italia, Belarús e Rusia ocupan os primeiros postos da clasificación mundial. As galegas Marta Bobo e Alba Caride tamén foron importantes ximnastas das décadas de 1980 e 1990.

Medallistas olímpicas

Individual Os Ánxeles 1984: Lori Fung Doina Staiculescu Regina Weber Seúl 1988 Marina Lobatch Adriana Dunavsca Alexandra Timoshenko Barcelona 1992 Alexandra Timoshenko Carolina Pascual Oksana Skaldina Atlanta 1996 Ekaterina Serebrianskaya Ianina Batirchina Elena Vitrichenko Sydney 2000 Iulia Barsukova Iulia Raskina Alina Kabaeva Atenas 2004 Alina Cabaeva Irina Tchachina Anna Bessonova

Conxuntos Atlanta 1996: 1. España 2. Bulgaria 3. Rusia Sydney 2000: 1. Rusia 2. Belarús 3. Grecia Atenas 2004: 1. Rusia 2. Italia 3. Bulgaria

Galiza nos Xogos Olímpicos 1984: 9ª praza individual para Marta Bobo. 1996: 19ª praza individual para Alba Caride.

Véxase tamén Ligazóns externas Federación Galega de Ximnasia

Categoría:Deportes Categoría:Deporte feminino