Elena Espinosa Mangana, nada en Ourense o 21 de marzo de 1960, é unha política galega, antiga Ministra de Agricultura e actualmente deputada en Galicia.

Traxectoria miniatura|Papeletas electorais Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 pospostas circunscrición electoral de Pontevedra-PSdeG PSOE. É Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 afiliouse ó PSdeG-PSOE, facéndose responsable, desde 1985 a 1988, da Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo. Entre 1988 e 1996 ocupou o cargo de Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.

Trala derrota do PSOE nas eleccións de 1996, traballou dous anos no Instituto Galego de Medicina Técnica e incorporouse á empresa Rodman Polyships como Directora Financeira Administrativa. Desde maio de 2002 ata xuño de 2004, foi Adxunta a Presidencia do Grupo Rodman.

O día 14 de marzo de 2004 houbo novas eleccións que deron a vitoria ó PSOE. En xuño de 2004 foi nomeada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a partir de 2008 viu aumentadas as súas competencias coas do extinguido Ministerio de Medio Ambiente de España.

E concelleira delegada da Área de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal, membro da Xunta de Goberno Local e 3º Tenente de Alcalde do Concello de Vigo.Concellerías do Concello de Vigo consultado o 13/12/2019. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.

Notas

Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Ourense Categoría:Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia