La Región é un xornal galego en lingua castelá fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense que segue a distribuírse na actualidade.
Historia e características Saíu á rúa por primeira vez o 15 de febreiro de 1910. O seu primeiro director foi Manuel Cambón, militar. En 1913 pasou a dirixilo Marcial Ginzo Soto. José Fernández Gallego foi o director de 1930 a 1932. Dende ese ano até 1968 estivo dirixido por Ricardo Outeiriño, e polo seu irmán Alejandro Outeiriño Rodríguez até os anos sesenta. Despois foi presidido por José Luis Outeiriño Rodríguez ata a súa morte en 2019. miniatura|Volumes no Arquivo de Galicia.|centro Ten seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais ten delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.
Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.
O actual director é Xosé Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Guía de Comunicación da Xunta de Galicia Páxina web de La Región
Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Prensa escrita de Ourense
Categoría:1910 en Galicia