O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que ten capacidade para 6.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. A súa actual presidenta é Carmen Lence, mentres que o director xeral é Salva Arco, o director deportivo Tito Díaz e o adestrador principal Luis Casimiro.

Historia Ascenso meteórico miniatura|Juan Varela Portas. En 1965 a cidade de Lugo contaba cun equipo de baloncesto na por daquela aínda existente segunda división mais, por mor dunha serie de reestruturacións nas categorías, o equipo perdeu a praza, deixando o baloncesto lucense sen ningún referente claro. Por este motivo, por iniciativa dos irmáns José Ramón e Juan Varela-Portas y Pardo, fúndase o Club Baloncesto Breogán, que bota a andar por vez primeira tan só uns meses despois, en 1966, competindo ese ano na categoría coñecida como Terceira Provincial. O nome do club foi proposto aos fundadores polo escritor Celestino Fernández de la Vega. Ese primeiro ano foi moi bo en canto a resultados, e o equipo acabou ascendendo ao final da tempada sen atopar ningunha oposición, rematando mesmo a tempada invicto nas fases semifinais e finais. A seguinte tempada a historia repetiuse e o club ascendeu á segunda división estatal ocupando o primeiro posto na liga.

Chegados á segunda división, na tempada 1968-69, os dirixentes do club puxéronse coma obxectivo ao chegar á primeira división, e ese mesmo ano o club volveu rematar en primeira posición, como xa fixera tódolos anos dende a súa fundación, fose na que fose a categoría que xogase. Con todo, as cousas non haberían saír tan ben: o club acudiría ás semifinais polo ascenso celebradas en Zaragoza, onde acabou invicto sen maiores problemas mais, unha serie de circunstancias que se sucederon durante os seguintes días, fixeron que o equipo renunciase voluntariamente ao ascenso,Hemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12 acudindo a xogar a final sen posibilidades de promover de categoría. Ao seguinte ano o club non se deixou afectar polas circunstancias e volveu conseguir ocupar a primeira praza, ascendendo por fin á primeira división, feito meritorio xa que nesa época tan só competían doce equipos na categoría, entre os que destacaban o Real Madrid, o Joventut ou o Estudiantes.

Primeira división A chegada do Breogán á elite do baloncesto acapararía especialmente a atención dos medios de comunicación debido á súa recente fundación e rápido ascenso. Na temporada 1970-1971, o club debutaría na máxima categoría estatal o 11 de outubro de 1970 nun partido xogado no Palacio dos Deportes de Lugo, que enfrontou aos locais, coñecidos por motivos de patrocinio como "Breogán Fontecelta", contra o R.C. Náutico de Tenerife, cun resultado final de 88-68 a favor dos lucenses. Así e todo, a primeira derrota non tardaría en chegar, e xa na segunda xornada o Breogán perde en Madrid fronte ao Real Madrid por 111 a 57. Finalmente remata a tempada nun meritorio noveno posto. Cabe destacar, nesa primeira tempada na máxima categoría, que o máximo anotador da competición foi Alfredo Pérez, xogador do Breogán, con 595 puntos, máximo rexistro de puntos conseguido na historia da liga por un xogador nese momento.

O seguinte ano, na tempada 1971-1972, o Breogán fai unha mala campaña e só consegue catro vitorias, fronte ao Náutico de Tenerife (61-50), o Vallehermoso de Madrid (77-60), ao Kas vasco (65-62) e ao Pineda catalán (57-56), e un empate, fronte ao San José (59-59), rematando a tempada no posto número 11. Ao ano seguinte a liga ampliaríase a 16 e os resultados mellorarían bastante, chegando a conseguir 11 vitorias durante a tempada, nun ano no que Alfredo Pérez volvería ser o máximo anotador, sendo o último xogador español (naceu en Madrid) en ser máximo anotador da máxima categoría do baloncesto estatal até o ano 2007. Porén, ao ano seguinte, o Breogán volve facer unha mala tempada, conseguindo tan só seis vitorias, e descende á segunda división. O Breogán despedíase cunha vitoria en Lugo fronte ao Manresa La Casera por 64 a 52.

Equipo ascensor miniatura|O Palacio Municipal, vello pavillón do Breogán. Dende a temporada 1974-1975, até a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto, o Breogán converterase nun equipo ascensor, chegando mesmo a descender até a terceira división. Así, 1974 comezaría co club en segunda división. Con todo, o Breogán conseguiu varrer os rivais, acabando na primeira posición da liga e volvendo á primeira división tan só un ano despois da perda da categoría. Ao ano seguinte, na tempada 1975-1976, o Breogán consegue en Primeira o seu mellor rexistro de vitorias, con 14, chegando a ocupar ao final da tempada a décima posición. Esa tempada o club conseguiu ademais unha vitoria histórica, ao gañarlle o 21 de decembro ao Joventut, un dos mellores equipos europeos da época, por 86 a 75 en Lugo.

A ledicia duraría pouco, e ao ano seguinte o "Breogán La Casera" tan só acadaría dúas vitorias, ocupando o último lugar na liga e descendendo de novo á segunda división. As vitorias ese ano sucederon na primeira xornada contra o Estudiantes Monteverde (73-65) e na décimo primeira fronte ao C.B. Valladolid por (78-75), ambas xogando como local. Con este mal ano comezaría a peor época da historia do club, que por mor de moitos problemas e estando a piques da desaparición, acaba xogando en 1979 na terceira división.Historia C.B. Breogán Con todo, o club non se deu por vencido, e noutro meteórico ascenso chega en 1983, só tres anos despois, a conseguir o primeiro posto na primeira división B, conseguindo o ascenso á recentemente creada Liga ACB.

Chegada a Europa Tras subir de forma meteórica dende a terceira división á ACB, o "Breogán Caixa Galicia" debuta na competición o 23 de setembro de 1984 gañando fóra da casa fronte ao Caja Álava de Vitoria por 80-85. Este triunfo sería un presaxio do que acontecería ao resto da tempada, conseguindo algunhas vitorias memorables como á da segunda xornada fronte ao Estudiantes (108-105), que se repetiría na novena xornada esta vez en Madrid (70-72). Así, tras unha xenial tempada, con xogadores coma Manel Sánchez, Tito Díaz, Juanfra Garrido, Sam Pellom, Jeff Allen ou Jim Wright e adestrados por José Antonio Figueroa, o Breogán xoga os playoffs polo título. En primeira rolda o Breogán enfrontouse ao OAR Ferrol, gañando a eliminatoria pola vía rápida con dous triunfos consecutivos (86-81 e 78-77). Xa en cuartos de final agardaría o potente FC Barcelona, que eliminaría aos de Lugo en dous partidos (105-87 e 90-82). Pese á eliminación, o equipo acaba en sexto lugar e consegue clasificarse para a Copa Korać.

Ao ano seguinte producíronse algúns trocos no equipo, un novo adestrador chegaba, Pablo Casado, e marchaba o pivote de Carolina do Norte Sam Pellom, chegando no seu lugar Winfred King, que aínda que só estaría un ano no club faría unha gran campaña. Pese aos cambios, o equipo volvería realizar unha boa tempada, clasificándose de novo aos playoffs polo título de liga. Na fase final esta vez agardaría o TDK Manresa, ao que o Breogán consegue eliminar en dous partidos (105-91 e 86-95). A historia do ano anterior repetiríase e na seguinte rolda o FC Barcelona botaría da competición aos de Lugo tras gañar en dous encontros consecutivos (123-82 e 82-137). No que respecta á Copa Korać o equipo faría un bo papel, aínda que quedou eliminado tras perder seis encontros na liguiña de cuartos de final, onde se tivo que enfrontar aos potentes Estrela Vermella de Belgrado (subcampión da competición dous anos antes), ao ASVEL Villeurbanne (club máis laureado da historia do baloncesto francés) e ao Pallacanestro Varese (cinco veces Campión de Europa). Os resultados desta liguiña de cuartos foron os seguintes:Hemeroteca de El Mundo Deportivo DataLugarEquipo LocalResultadoEquipo visitanteMáximo anotador do Breogán4-12-1985Pavillón Municipal, Lugo CB Breogán72 - 79 Pallacanestro VareseManel Sánchez (29)11-12-1985Pavillón Municipal, Lugo CB Breogán100 - 112 ASVEL VilleurbanneJim Wright (25)8-1-1986Pavillón Municipal, Lugo CB Breogán91 - 102 KK Crvena zvezdaJuan Francisco Garrido (27)15-1-1986PalaWhirlpool, Varese Pallacanestro Varese101 - 82 CB BreogánJim Wright (24)22-1-1986Maison des Sports, Villeurbanne ASVEL Villeurbanne104 - 77 CB BreogánJim Wright (22)29-1-1986Hala Pionir, Belgrado KK Crvena zvezda117 - 94 CB BreogánJim Wright (42)

Descenso e retorno En plena tempada de éxitos, o Breogán perdera o ano anterior a un dos ídolos da afección, Jim Wright. A saída do club do americano foi motivada por unha serie de ameazas debidas a unhas débedas contraídas polo consumo de cocaína, droga á que estaba enganchado.Jimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morte Na seguinte campaña, tamén deixaron o club Jeff Allen e Winfred King, polo que o club contratou dous novos xogadores foráneos, Art Housey, procedente do Ron Negrita Joventut e a Victor Anger, que tan só xogou trece encontros. Así, cun cadro moi renovado, o Breogán encadea un pésimo inicio de tempada, perdendo de xeito consecutivo os sete primeiros encontros da liga.

Coa marcha de Anger e a chegada de Rudy Woods o Breogán melloraría, aínda que sen poder evitar chegar aos playoffs pola permanencia. Neles tívose que enfrontar ao Gin MG-Sarriá de Barcelona, co que perdeu en catro encontros tras gañar o primeiro en Lugo e perder logo os tres seguintes con marcadores moi axustados. Despois duns anos nos que o Breogán se convertera nun dos equipos máis destacados do baloncesto estatal, perdía a categoría tras gañar 13 encontros e perder 19. Ao ano seguinte, en primeira división B, o equipo volvía protagonizar un ascenso fulgurante, ocupando sen problemas a primeira posición e retornando en tan só un ano á ACB.

A campaña 1988-1989 comezaría o Breogán de novo na máxima categoría do baloncesto estatal, nun equipo onde, á parte de Manel Sánchez e Tito Díaz, destacaban Ken Orange, Óscar Peña, Calvin Roberts e Antonio Sacedo. Ese ano os de Lugo conseguen 20 vitorias e 25 derrotas, salvando a categoría no playoff pola permanencia ante o Valvi Girona, nunha serie que chegou ao quinto encontro, no cal venceu o Breogán por 78-61. Na seguinte campaña chegarían ao equipo, entre outros, José Manuel Cabezudo, Juanmi Alonso e George Singleton. Ese ano, pese a rematar a tempada con máis vitorias que derrotas (22-18), o equipo ten que xogar o playoff pola permanencia, enfrontándose na primeira rolda do mesmo ao Caixa Ourense, ao cal venceu tras gañar a serie por 4-1, incluíndo os dous encontros xogados na cidade das Burgas.

Asentándose na ACB miniatura|250px|Velimir Perasović.