David Creus Andrade, nado en Cee en 1975, é un poeta e deseñador gráfico galego.

Traxectoria Licenciado en Belas Artes. No ano 2007 e xunto co seu irmán, o tamén poeta Estevo Creus, publicará facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD e de autocolantes).

Obras Poesía Palabras para un parque hidráulico, 2003, 3C3 Editores.

Obras colectivas Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. facer Merzbau non ou posible?, 2007, Non ou edicións. Con Estevo Creus. De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.

Premios Gañador do I Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón no 2002, por Palabras para un parque hidráulico.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deseñadores gráficos