O Pombal é un lugar da parroquia da Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 84 habitantes no ano 2025, dos que 40 eran mulleres e 44 homes, o que representa un mínimo descenso respecto ó ano 2016, cando tiña 87 veciños, pero un aumento respecto a 2009, cando eran 77.
Atópase a medio camiño entre Portonovo e o núcleo de Adina, e para non ser confundido co lugar do Pombal na parroquia de Noalla, adoita ser denominado como O Pombal da Adina.
É un lugar do rural con terras de cultivo e labradío.
Entre o seu patrimonio está un antigo pombal, que dá nome ó lugar, e unha antiga casa reitoral.
Lugares e parroquias Lugares de Adina
Parroquias de Sanxenxo
Véxase tamén Lugares de Sanxenxo
Categoría:Lugares de Sanxenxo