miniatura|dereita|300px|Un campamento xitano cerca de Arles, visto polo pintor Vincent van Gogh.
O pobo xitano é orixinario da India e estableceuse en case todo o mundo debido ao seu carácter fundamentalmente nómade; aínda se rexe por leis propias e dedícase como medio de vida á venda ambulante, á artesanía, a tratar con gando etcDefinición de xitano no Dicionario da Real Academia Galega.. A orixe deste pobo, tamén coñecido como rom, roma ou romaní, é aínda hoxe obxecto de controversia. Existen varias razóns que explican a escuridade que envolve o asunto. En primeiro lugar, a cultura xitana é fundamentalmente oral e despreocupada pola súa historia, por iso non conservou por escrito a súa procedencia. A súa historia sempre foi estudada polos non romanís, con frecuencia a través dunha peneira fortemente etnocentrista. Os primeiros movementos migratorios datan do século X, de forma que non hai moita información. É importante sinalar que os primeiros grupos de xitanos que chegaron a Europa occidental fantasiaban sobre a súa orixe, atribuíndose unha procedencia misteriosa e lendaria, en parte como estratexia de protección fronte a unha poboación ante a que eran minoría, en parte como posta en escena dos seus espectáculos e actividades.
Outro problema que cómpre ter en conta é que a pertenza (ou non) á comunidade xitana é unha cuestión disputada. Non existe unha delimitación clara dentro da propia comunidade (nin fóra) acerca da cuestión de quen é xitano e quen non. As principais fontes de información son testemuñas escritas, as análises lingüísticas e a xenética de poboacións.
O termo xitano e a cuestión da súa orixe xeográfica O termo galego "xitano" deriva da palabra exiptano, aplicado ó pobo xitano, ben pola crenza errónea de que procedía de ExiptoArguindey, Henrique. O fío da lingua : "É de exiptano (exipcio) de onde procede a palabra xitano (español gitano, francés gitan, inglés gipsy etc.) ao lles atribuír tal orixe". ou ben, máis probablemente, polo seu paso pola rexión do Peloponeso durante o seu desprazamento migratorio, daquela coñecida como Exipto o MenorO grego dos xitanos. En Aletas para nadar: blogue de regursos para a lingua grega e para o coñecemento de Grecia: "(...) o nome xitano procede de exiptano, mais non de Exipto, senón da rexión do Peloponeso, daquela coñecida como Exipto o Menor".. No século XVIII, o estudo da lingua romaní, propia dos xitanos, confirmou que se trataba dunha lingua índica, moi similar ó punxabí ou ó hindi occidental. Isto demostrou que o pobo xitano procede do nordeste do subcontinente indio, nunha zona actualmente entre a India e Paquistán. Esta descuberta lingüística resultou apoiada por estudos xenéticos. A variante tradicionalmente falada en España da lingua romaní chámase caló.
Orixes lendarias A procedencia dos xitanos foi obxecto de todo tipo de fantasías. Foron considerados descendentes de Caín ou relacionados coa estirpe de Cam. Algunhas tradicións identificáronnos con magos caldeos de Siria, ou cunha tribo de Israel perdida no Antigo Exipto. Unha antiga lenda balcánica fainos forxadores (ou ladróns) dos cravos de Cristo, motivo polo que foron condenados a errar polo mundo, se ben non hai ningunha proba que sitúe ós xitanos en Oriente Medio nesa época.
Primeiro movemento migratorio do século X Os estudos xenéticos e lingüísticos parecen confirmar que os rom son orixinarios do subcontinente indio, posiblemente da rexión do Panxab. A causa da súa diáspora continúa sendo un misterio. Unhas teorías suxiren que foron orixinalmente individuos pertencentes a unha casta inferior recrutados e enviados a loitar ó oeste contra a penetración musulmá. Ou talvez os propios musulmáns conquistaron ós rom, escravizándoos e traéndoos ó oeste, onde formaron unha comunidade separada.
Esta última hipótese baséase no relato de Mahmud de Ghazni, que informa de 50.000 prisioneiros durante a invasión turco-persa do Sindh e do Panxab. Por que os rom escolleron viaxar para o oeste en vez de regresar para a súa terra é outro misterio, se ben a explicación pode ser o servizo militar baixo dominio musulmán.
O que é aceptado pola maioría dos investigadores é que os romanís poderían abandonar a India en torno ó ano 1000, e atravesar o que agora é Afganistán, Irán, Armenia e Turquía. Varios pobos similares ós xitanos viven hoxe en día na India, aparentemente orixinarios do estado desértico de Raxastán, e á súa vez, poboacións xitanas recoñecidas como tales polos propios xitanos viven aínda en Irán co nome de lurios.
A pesar de que as probas documentais comezan a ser fiables só a partir do século XIV, algúns autores contemporáneos rebaixaron a data do ano 1000 e incluso antes. Certas referencias suxiren que as primeiras referencias escritas da existencia do pobo rom son anteriores: un texto que relata como Santa Atanasia de Exina repartiu comida en Tracia a uns "estranxeiros chamados atsinagi" (do grego Ατσίνγανος') durante a escaseza do século IX, en plena época bizantina.
Incluso antes, a principios do mesmo século, no ano 803, Teófanes o Confesor escribe que o emperador Nicéforo I botou man da axuda de certos atsigani, que coa súa maxia axudaríano a conter unha revolta popular.
«Atsinganoi» foi un termo usado tamén para referirse a adiviñadores ambulantes e ventrílocuos e feiticeiros que visitaron o emperador Constantino en 1054. Un texto haxiográfico (Vida de San Xurxo anacoreta) refire como os «atsigani» foron chamados por Constantino para axudalo a limpar as fragas de feras. Máis tarde serían descritos como feiticeiros e malfeitores e acusados de intentar envelenar o galgo favorito do emperador. A extensión dese termo xeraría os modernos substantivos tzigane, Zigeuner, zingari e cíngaros.
Un relato histórico-lendario do século X titulado Crónica Persa, de Hazma de Ispaham, menciona a certos músicos solicitados ó rei da India, ós que chamou zott. O Libro dos Reis (ou Shahnameh, datado en 1010), do poeta Firdusi conta unha historia similar: varios miles de Zott, Rom ou Dom («homes») partirían do actual Sindh (pode que do río Indo) con obxecto de entreter ó rei de Persia cos seus espectáculos.
A partir de aí, tras unha longa estancia nesa rexión, e xa descritos como un pobo que rexeitaba vivir da agricultura, espallaríanse en dous grupos migratorios: un cara ao suroeste e Exipto, outro cara ao noroeste e Europa.
Evidencias lingüísticas da orixe dos xitanos
Desde a súa chegada a terras europeas, unha das fasquías da comunidade xitana que máis chamou a atención dos demais pobos era a súa estraña lingua, moi diferente das faladas na Europa. A primeira reprodución escrita do romaní remóntase a unha enciclopedia de título: Fyrst Book of the Introduction of Knowledge. (Primeiro libro de introdución ó saber) escrito por Andrew Boorde. Esta obra, completada en 1542 e publicada en 1547, recollía exemplos de frases do que o autor chamaba Egipt speche (Fala exipcia), dando por válida a crenza popular de que os xitanos procedían de ExiptoFraser, Angus, Los gitanos, p. 26 e seg..
Durante os dous séculos seguintes aparecen máis mencións escritas da lingua romaní. En España, o marqués de Sentmenat publica en 1750 un pequeno vocabulario do romaní falado na Península IbéricaA Brief History of Romani Linguistics Cronoloxía de lingüística romaní, na páxina web do proxecto romaní da Universidade de Manchester..
Un dos primeiros ou o primeiro documento en que se propón identificar a lingua romaní como unha lingua india é un traballo de Szekely de Doba na Gaceta de Viena en 1763. Neste artigo comenta que o predicador Vali, quen na Universidade de Leiden estudou o idioma duns estudantes de Malabar do distrito de Zigania, nome que lle recordou ó dos cíngaros e que posteriormente expuxo o vocabulario a xitanos de Almasch (Komora, Eslovaquia), comprobando que estes entendían as palabrasFrancisco de Sales Mayo (1870) El Gitanismo. Historia, costumbres y dialecto de los gitanos, Madrid, pp. 44s..
A nivel académico, o descubrimento da orixe india do romaní corresponde ó alemán Johann Rüdiger, catedrático da Universidade de Halle, quen en 1782 publicou un artigo de investigación lingüísticaRüdiger, Johann C. C. Von der Sprache und Herkunft der Zigeuner aus Indien, In: Neuester Zuwachs der teutschen, fremden una allgemeinen Sprachkunde in eigenen Aufsätze, 1. Stück, Leipzig 37-84. Dispoñible en Internet en tradución inglesa: On the Indic Language and Origin of the Gypsies. Unha discusión académica interesante sobre o artigo de Rüdiger é a de Yaron Matras: The Role of Language in Mystyfying and De-mystifying Gypsy Identity., no que analizaba a fala dunha muller xitana, Barbara Makelin, e a comparaba coa lingua recollida nunha gramática alemá do hindustano (o nome co que se coñecía antigamente ós actuais hindi e urdú). No seu artigo, Rüdiger recoñecía a influencia nas súas investigacións do dicionario de romaní de Hartwig Bacmeister, de 1755, a quen xa en 1777 comunicara as súas ideas, así como a súa débeda co seu profesor Christian Büttner, que anos antes aventurara a posibilidade dunha orixe india ou acaso afgá dos xitanos. Porén, foi Rüdiger quen estableceu, mediante a súa comparación entre a descrición gramatical do hindustano e a fala de Barbara Makelin, que as similitudes entre ambas as variedades lingüísticas evidenciaban unha orixe común.
Estudos subseguintes da lingua romaní amosaron un estreito parentesco co punxabí e o hindi occidental, tanto no seu vocabulario fundamental como nas súas estruturas gramaticais e nos cambios fonéticos. As investigacións de Alexandre Paspati (Études sur les Tchinghianés, publicado en Constantinopla en 1870), de John Sampson (The dialect of the gypsies of Wales, 1926) e dos suecos Gjerdman e Ljungberg (A lingua do xitano sueco traballador do cobre Dimitri Taikon, publicado en 1963) evidencian que existe unha unidade dentro do romaní que se estende por toda Europa. Os estudos citados recollían mostras do romaní grego, galés e sueco, respectivamente. Queda demostrado así que o vocabulario básico coincide de modo relevante (nota: non se transcribe a grafía orixinal): Galego: grande. sánscrito: vadra; hindi: bara; grecorromaní: bara; romaní galés: baro; romaní kalderash (sueco): baró. Galego: cabelo. Sánscrito: vála; hindi: bal; grecorromaní: bal; romaní galés: bal; romaní kalderash (sueco): bal.
Determinadas características gramaticais índicas mantéñense no romaní contemporáneo (e algunhas incluso no caló español actual): o final en -e para o masculino e en -i para o feminino. a formación de abstractos por engadido de -ben ou -pen: taco (certo) convértese en taciben (verdade). substitución do xenitivo por un final adxectivado: dadésko gras (o cabalo do pai onde dad é pai e gras cabalo).
Evidencias lingüísticas da migración xitana
De acordo cos estudos de Terrence Kaufman (1973) a orixe da lingua romaní, baseado nos dialectos europeos, pode localizarse na India central e posteriormente poden documentarse préstamos lingüísticos que foi adquirindo nos territorios por onde migraba, que irían desde o século II aC ó XIV dC: así ten préstamos do persa do seu paso por Persia, pero non da lingua árabe, o que demostra que o seu paso por Persia foi anterior á súa islamización contra o ano 900. Dos séculos XI-XII ten préstamos de linguas do Cáucaso (oseto, xeorxiano e armenio). Logo detéctase a migración en dirección a Turquía onde recibe préstamos do grego, pero non do turco, o que indica que o seu paso foi anterior á invasión turca. Contra o ano 1300 produciríase a entrada nos Balcáns, onde adquiriu préstamos das linguas eslavas. Posteriormente os dialectos europeos do romaní divídense, aínda que Kaufmann indica unha distinción entre os que teñen influencia léxica do romanés e os que non, que serían os xitanos de Bulgaria e os de España.
Evidencias xenéticas da orixe asiática dos xitanos
Os estudos xenéticos corroboran a evidencia lingüística que sitúa a orixe do pobo xitano no subcontinente indio.