Motu Nao, ou Motuna´o é o nome marquesano dunha rocha que se atopa no sueste das illas Marquesas, a 22 km ao nordés de Fatu Hiva, de quen depende administrativamente.
O seu nome en francés é Rocher Thomasset, e antes tamén se coñecía en inglés como Ariane Rock. O nome marquesano significa «illa afundida». De feito, tan só sobresae 4 metros da auga coa marea baixa.
Categoría:Illas Marquesas