Francisco Martínez Bouzas, nado en Arnuíde (Vilar de Barrio) o 4 de marzo de 1945, é un profesor e crítico literario galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras (Sección Filosofía) pola Universidade de Barcelona e en Filosofía na Universidade Pontificia San Tomé de Aquino de Roma. Realizou así mesmo estudos de grao na Universidade de Comillas de Madrid e na Universidade Gregoriana de Roma. Traballou como catedrático de Filosofía no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Desenvolve asemade un amplo labor como crítico literario.
Como docente dirixiu distintos cursos e proxectos de formación organizados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ten colaborado así mesmo como profesor titor coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O seu labor como crítico literario exérceo en revistas especializadas como A Trabe de Ouro, Anuario de Estudios Literarios Galegos, Festa da Palabra Silenciada, Papeles de la FIM, Guía dos Libros Novos. Colabora asiduamente na prensa diaria como columnista e crítico literario. Teno feito nos seguintes xornais: Diario 16 de Galicia, O Correo Galego, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e El País de Cali (Colombia).
Membro dos xurados de distintos premios literarios de ámbito galego. No ano 2004 recibiu o Premio Xerais á cooperación editorial como crítico literario.
Obra Ensaio En sociedade. Cavilemos e fagamos. Materiais didácticos de Filosofía (Toxosoutos, 1994).
Obras colectivas A ética na que vives (Baía Edicións, 1995, en colaboración). Reflexións sobre a vida moral (Baía Edicións, 1995, en colaboración). Filosofía (Baía Edicións, 2000, en colaboración con Susana Abuín Chaves e Henrique Tello León). Espirales de Letras, I: Literatura Latinoamerican (Editorial Digital LetrasKiltras, Santiago de Chile, 2015)
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Blog do autor
Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona
Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana
Categoría:Nados en Vilar de Barrio Categoría:Nados en 1945
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes