miniatura|dereita|220px|Mapa que amosa a extensión do permafrost no mundo. En xeoloxía, denomínase permafrost ou permaxeo Léxico panlatino do cambio climático Realiter, á capa permanentemente conxelada nos niveis superficiais do chan das rexións moi frías ou periglaciais como é a tundra. Pode encontrarse en áreas circumpolares do Canadá, Alasca e norte de Europa entre outras, así como na zona de moi alta montaña.

A importancia do permafrost no secuestro de gases de efecto invernadoiro -como dióxido de carbono ou metano que se liberarían pola descomposición de plantas mortas- e a súa liberación polo aumento de temperaturas é considerado un problema climático.

Etimoloxía A etimoloxía de permafrost vén do inglés (perma- de permanent =permanente e frost= xeado), a palabra foi acuñada en 1943 por S. W. Muller.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeo coa evolución do premafrost en 2003-2017.

Categoría:Xeoloxía Categoría:Edafoloxía