O miñato real ou millafre realMiñato real (Milvus milvus). Consellería de Medioambiente. Xunta de Galicia.Conde Teira propuxo a forma millafre real en Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa (1999) (Milvus milvus) é unha ave de rapina de distribución reducida a Europa.

Descrición Non é difícil identificalo na natureza. Amosa características que o diferencian ben mesmo dun parente tan próximo coma miñato negro. miniatura|esquerda|200px|Colas das dúas especies de miñatos:Miñato negro (esquerda) Miñato real (dereita) O miñato real é algo meirande có miñato negro. Ten as ás, cunha envergadura de ata 160 cm, e a cola longas. A plumaxe é castaña avermellada, coas beiras das plumas de ton máis ocre, que fan que sobre todo as cobertoiras da parte superior das ás e o lombo teñan un aspecto contrastado. A cabeza, a gorxa e a caluga dos adultos son moi claras, case brancas. O bico e forte, de cor amarela na base e gris escuro ou negro cara á punta. As patas son curtas e amarelas, coas unllas negras. O iris dos ollos das aves adultas é amarelo, As plumas da barriga son máis claras e brillantes cás da parte superior, con liñas negras ben marcadas, o mesmo cas plumas da parte inferior das ás. As articulacións das ás son escuras, case negras.

Cando voan destacan as ás longas e relativamente estreitas e a cola vermella e longa , semellante cunha clara forma de galleto e que está sempre en movemento. Os sexos non se distinguen pola coloración e mesmo a plumaxe dos inmaturos e moi semellante á dos adultos. Nos exemplares moi novos a cola pode dar certa impresión de arredondada, pola falta de desenvolvemento das plumas exteriores.

Femias e machos non amosan grandes diferenzas de tamaño, os machos máis pesados pesan ata uns 1100 gramos, cunha media de menos de 1 quilo. As femias poden chegar como máximo os 1400 gramos, cuns 1200 de media. A lonxitude corporal vai dos 60 os 73 cm, dos que entre 31 e 39 corresponden á cola. A envergadura das ás vai de 150 a 171 cm.

Voz Son menos ruidosos cós miñatos negros. Fora da época do cortexo e cando están lonxe do niño mantéñense case sempre silenciosos. O seu chío máis característico, que é máis agudo alto en situacións agresivas pode escoitarse en: * Berro do miñato real

Distribución miniatura|240px|Area de distribución do miñato real verde:Exemplares maioritariamente sedentarios laranxa: En xeral migratorios de media ou curta distancia. azul: Só no inverno Os exemplares migratorios pasan o inverno do suroeste de Europa, ocasionalmente no sueste e poucas veces en Asia menor. A súa área de distribución redúcese hoxe ó centro, oeste e suroeste de Europa. Alemaña concentra, cunhas 22.000 parellas, ó redor do 50% do total dos exemplares reprodutores. As outras áreas principais de cría son Francia, a Península Ibérica, Italia, Suíza e o Reino Unido, sobre todo en Gales.Verbreitung in Wales (PDF-Datei; 28 KB). No norte de Europa aparece en cantidades apreciables só en Suecia. É relativamente abundante na República Checa e en Polonia. En Austria, Eslovaquia en Hungría crían unhas poucas parellas. No oeste de Ucraína, Belarús e na Rusia europea crían algunhas parellas máis. Descoñecese se crían aínda nos Balcáns e posiblemente desapareceu xa como reprodutor de Turquía. En Marrocos tamén está a desaparecer e cría só no extremo norte do país.

En Galicia, tradicionalmente, só se podía atopar de paso durante as migracións no outono. Non obstante, dende o comezo do século XXI a súa presenza foi en aumento e en 2021 localizouse a primeira poboación invernante en tres durmidoiros cun mínimo de 136 exemplares.

Hábitat É unha ave de paisaxes abertas con pequenas áreas de árbores. Depende menos da auga que a forma típica do miñato negro, co que adoita compartir áreas de cría. O seu hábitat preferido son zonas agrícolas con áreas forestais, máis raramente pantanos e uzais se dispoñen de árbores para face-los niños. A miúdo aproveita as boas condicións térmicas de vales fluviais estreitos e de abas de montañas. Cazan nos vilares, praderías e prados cultivados. Poden tamén facelo en zonas húmidas. As terras nas que se acaba de realizar a colleita son tamén parte do seu territorio de caza, o mesmo cas autoestradas e os vertedoiros do lixo, aínda que estes últimos menos que no caso do miñato negro. A súa área de distribución coincide bastante exactamente coas terras negras agrícolas do centro e leste de Europa e as terras ricas do sur de Europa e acada os seus puntos máximos nas zonas de cultivo intensivo centroeuropeas. En xeral, vive en terras de altura baixa ou media, ata uns 800 m sobre o nivel do mar, aínda que no Xura suízo algunhas parellas crían os 1200 m de altura e nos Perineos ata a zona subalpina. As súas prazas históricas de cría acadaban no Cáucaso e nos montes Atlas os 2500 metros. En hábitats con posibilidades de alimentación suficiente poden criar moi preto uns doutros. Na zona de Hakel, un bosque duns 13 km² na área de Magdeburgo en Alemaña, contáronse en 1979 136 parellas reprodutoras.Mebs&Schmidt S 324 u. S.325

Alimentación Aínda que, coma o miñato negro é un oportunista, é tamén un cazador máis activo cá este. É menos dado a comer peixes co seu parente e, por ben que come animais mortos e busca comida nos vertedoiros, faino en cantidades menores có miñato negro. As condutas de caza varían individualmente. Na época de cría comen sobre todo mamíferos e paxaros. Entre os mamíferos destacan os ratos e as toupas; entre os paxaros os estorniños. Pombas e túrdidos coma o merlo son presas relativamente frecuentes. Os hámsteres (Cricetus cricetus) poden ser a súa presa principal se abundan. Ten tendencia a capturar sobre todo aves febles ou feridas. En zonas nas que abunden os peixes poden ser importantes na súa alimentación, ben capturados vivos ou recollidos mortos ou moribundos da superficie da auga. capturan tamén cantidades non desprezables de invertebrados coma escaravellos e miñocas. A presenza de anfibios e réptiles na súa dieta varía segundo as zonas nas que viven. Come tamén animais mortos ou moribundos, grandes ou pequenos. E busca tamén en vertedoiros nos que se acumulen restos de animais, coma nos que teñen restos de matadoiros.

Estratexias de alimentación miniatura|270px|Miñato real Buscan alimento sistematicamente, sobrevoando en voo planeado relativamente baixo e lento áreas abertas. Son cazadores por sorpresa, que non adoitan perseguir ás presas cando fallan o primeiro intento. Non é raro velos camiñar polo chan, procurando insectos e miñocas. Capturan as presas do chan voando por riba delas e sen pousarse. Isto aplícase tamén nos caso dos peixes, que capturan na tona da auga e erguen de seguida no aire ó xeito da aguia mariña. Aínda que cachan en ocasións paxaros que están voando ou pousados nunha pola, máis das capturas de aves teñen lugar no chan. Adoitan mata-las presas cun golpe do bico. En ocasións rouban o botín doutras aves coma gaivotas, córvidos e miñatos negros. Quítanllelo directamente ou perségueos ata que lles fan vomitar as capturas xa tragadas.

Son flexibles coas súas estratexias alimentarias. Aproveitan os traballos da sega de prados e campos para acceder a presas que doutro xeito non estarían ó seu alcance. Se hai alimento suficiente e non están criando comezan a súa actividade cazadora algo despois de saír o sol e paran algunhas horas antes da noite. Polo día fan pausas longas, en xeral preto do niño, que aproveitan tamén para coida-las plumas.

Conduta O tempo de actividade, que cando dispoñen de presas dabondo é curto, pode comezar coa saída do sol e acabar pola noite, sobre todo cando están criando. Fan, porén, sempre pausas para descansar despois dos voos de caza, aínda que os polos pidan insistentemente comida. Fora da época reprodutora son sociables e non defenden ningún territorio. Pasan a noite en lugares de repouso colectivos e mesmo cazan ás veces en grupo. Poden xuntarse ducias de individuos para durmiren xuntos. Nestas xuntanzas son comúns os comportamentos lúdicos coma os voos sincronizados. Ocasionalmente rompen en voo pinas de conífera só coma xogo.Walz S. 15

Mesmo cando están criando, a súa conduta territorial non é moi estrita, aínda que a parella defende fronte a conxéneres e inimigos a área máis inmediata ó niño (uns 100 m) e a zona aérea correspondente. Para axotar os intrusos soben a grande altura e atacan enerxicamente dende arriba. O inimigo e seguido, sobre todo polo macho, por un certo tempo, mentres que a femia adoita volver directamente ó niño. Só en casos de alimento moi escaso, as parellas defenden un territorio de caza. Esporadicamente a conduta territorial en relación coa caza tense visto en zonas de gran concentración de exemplares.Walz S. 79 Os miñatos reais e os miñatos negros poden críar moi preto uns dos outros. En caso de enfrontarse por un niño ou un sitio xeitoso para facelo, adoita gañar o negro.

Migracións e desprazamentos A súa conduta neste aspecto é variable. Nas últimas décadas amosan unha tendencia crecente a sedentarizarse ou a facer migracións máis curtas. Os invernos con menos neve e a oferta de alimento de vertedoiros e estradas facilitan que moitas poboacións do centro e algunhas do norte de Europa non marchen da zona de cría na época fría. Esta situación exemplificase en Suíza, en Baden-Württemberg (Alemaña) e no sur de Suecia. Nalgunhas destas localizacións a estancia invernal é facilitada pola alimentación fornecida directamente polo homes. Máis dos exemplares do centro e norte de Europa viaxan, porén, en outono cara ó suroeste, en especial cara á España. Os miñatos que crían no suroeste e sueste de Europa e norte de África son sedentarios. En España coinciden as áreas de invernada dos miñatos do norte coas de cría dos locais. Fan os voos migratorios de día, individualmente ou en pequenos grupos, que son máis compactos no voo de ida. A distancia curta do desprazamento permítelles iniciar a migración tarde, en máis dos casos a primeiros de outubro. As femias marchan unha ou dúas semanas antes cós machos. A volta tamén a fan cedo, comezando xa en febreiro. Boa parte das aves dun ou dous anos non volven ó seu lugar de orixe, e pasan o verán nos cuarteis de inverno ou vagabundean en pequenos grupos pola Francia central e do sur e mesmo por Suíza.

Reprodución thumb| Milvus milvus Por ben que en condicións excepcionais poidan criar xa no primeiro ano de vida, comezan a reproducirse en xeral cando teñen tres anos. Máis das veces forman parellas monógamas que duran unha soa estación, pero coñécense casos tanto de parellas que duran varios anos coma de cambios de parella durante a época de cría. No caso dos exemplares sedentarios a unión entre as parellas parece máis estable. Son moi fieis ós lugares de cría, e os individuos que empezan a criar tentan case sempre facelo preto de onde naceron, aínda que dispoñan de sitios axeitados non moi lonxe. Isto provoca que nas áreas máis densamente poboadas a idade de empezaren a reproducirse se retarde por falta de lugares xeitosos..

Os exemplares que pasan o inverno no centro e leste de Europa poden comeza-lo cortexo durante o inverno. Os machos e as femias migradores poden chegar ás terras de cría con ata 12 días de diferenza, ás veces máis. Os sedentarios comezan as cerimonias previas ó aparellamento a mediados ou finais de febreiro, os migratorios dúas ou tres semanas máis tarde.

Cortexo e construción do niño As cerimonias de cortexo da especie non son moi espectaculares. Consisten basicamente na construción do niño, voos en parella sobre o lugar onde este se atopa e copulas repetidas, que continúan mesmo cando os polos xa naceron. A femia é a que incita ó aparellamento chamando cun trilo baixo, e colocando o corpo horizontal e a cabeza baixa. Durante a construción do niño e ata dúas ou tres semanas despois de que os polos saian do ovo, o macho alimenta á femia.