Leonardo Wilhelm DiCaprio, nado nos Ánxeles (California) o 11 de novembro de 1974, é un actor e produtor estadounidense. Foi nomeado a cinco Premios Óscar e dez Globos de Ouro. Na 88ª edición dos Óscar gañou o Óscar ó mellor actor polo seu papel no filme The Revenant. Gañou dous Globos de Ouro ó mellor actor dramático polas súas interpretación nos filmes The Aviator (2004) e The Revenant (2015), e o Globo de Ouro ó mellor actor de comedia ou musical por The Wolf of Wall Street (2013). Tamén foi nomeado ós Screen Actors Guild, Satellite Awards e ós British Academy of Film and Television Arts.

DiCaprio comezou a súa carreira aparecendo en varios anuncios comerciais de televisión antes de converterse nunha personaxe recorrente de series de televisión como Santa Barbara ou Growing Pains de comezos dos anos 1990. A súa estrea nun gran filme foi This Boy's Life (1993) xunto con Robert De Niro. DiCaprio gañou recoñecemento polo seu papel seguinte en A quen ama Gilbert Grape? (1993), así como por protagonizar The Basketball Diaries (1995) e Romeo + Juliet (1996). Acadou a fama internacional polo seu papel como Jack en Titanic (1997) de James Cameron.

Dende a década do 2000, DiCaprio recibiu aclamacións da crítica polo seu traballo en filmes como Catch Me If You Can (2002), Gangs of New York (2002), Diamante de sangue (2006), Infiltrados (2006), Revolutionary Road (2008), Shutter Island, Orixe (2010) e Django Unchained (2012). DiCaprio posúe a súa propia produtora chamada Appian Way Productions. Un comprometido defensor do medio ambiente, DiCaprio recibiu louvanzas de grupos ecoloxistas polo seu activismo.

Traxectoria É fillo de George DiCaprio, autor, produtor e distribuidor de banda deseñada undergroundFilm Reference, e Irmelin Idenbirkin. O seu pai é metade italo-estadounidense e metade xermano-estadounidense. A súa nai é alemá. O nome de Leonardo vén porque mentres a súa nai estaba embarazada, fronte a unha pintura de Leonardo da Vinci en Italia, el pateou dentro do ventre, iso fixo que ela decidise chamalo como o famoso artista. Os seus pais divorciáronse cando tiña un ano de idade. Medrou en Boto Park, Os Ánxeles, California.

miniatura|200px|Leonardo DiCaprio (á esquerda), Martin Scorsese e Cameron Diaz.

A súa carreira como actor iniciou en 1990 cando formou parte do elenco da serie de televisión baseada no filme Parenthood. O seu seguinte proxecto televisivo sería a exitosa telecomedia Growing Pains, en cuxas últimas tempadas participou comezando a adquirir popularidade en EUA. O seu debut na pantalla grande fíxoo na película Critters 3 (1991).

En 1993 traballou con Robert De Niro e Ellen Barkin en This Boy's Life e en 1996, protagonizou Romeo + Juliet, nunha versión moderna do clásico de Shakespeare.

En 1997 convértese en superestrela e ídolo de mozas cando interpreta o personaxe de Jack Dawson en Titanic. Esta película converteuse no filme máis comercial de todos os tempos e gañou 11 Premios Óscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Traballou ademais con algúns dos mellores directores de cine, por exemplo Steven Spielberg, Martin Scorsese, Sam Raimi, James Cameron ou Woody Allen entre outros.

Vida persoal miniatura|170px|DiCaprio no ano 2000.

Leonardo saíu oficialmente coa supermodelo brasileira Gisele Bündchen desde o 2002, pero terminaron en 2005. Dende 2006, a súa parella é a supermodelo israelí Bar Refaeli.

Filmografía Actor + Cine Ano Título Papel Notas 1991 Critters 3 Josh 1992 Poison Ivy Mozo 1993 This Boy's Life Tobias "Toby" Wolff 1993 A quen ama Gilbert Grape? Arnie Grape 1994 The Foot Shooting Party Bud 1995 The Quick and the Dead Fee Herod, "The Kid" 1995 Diario dun rebelde Jim Carroll 1995 Total Eclipse Arthur Rimbaud 1996 Romeo + Juliet Romeo 1996 O cuarto de Marvin Hank 1997 Titanic Jack Dawson 1998 The Man in the Iron Mask Rei Lois XIV de Francia/Philippe 1998 Celebrity Brandon Darrow 2000 The Beach Richard 2001 Don's Plum Derek 2002 Catch Me If You Can Frank William Abagnale Jr. 2002 Gangs of New York Amsterdam Vallon 2004 The Aviator Howard Hughes 2006 Infiltrados Billy Costigan 2006 Diamante de sangue Danny Archer 2007 The 11th Hour Narrador/Produtor Documental 2008 Rede de mentiras Roger Ferris 2008 Revolutionary Road Frank Wheeler 2010 Shutter Island Teddy Daniels 2010 Orixe Dom Cobb 2011 J. Edgar J. Edgar Hoover 2012 Django Unchained Calvin Candie 2013 The Great Gatsby Jay Gatsby 2013 The Wolf of Wall Street Jordan Belfort 2015 The Revenant Hugh Glass

+ Televisión Ano Título Papel Notas 1989 The New Lassie Glen Episodio: "New Generation"Episodio: "Snake Pit" 1990 The Outsiders Rapaz loitando Episodio: "Pilot" 1990 Parenthood Garry Buckman 1990 The New Lassie Mozo novo Episodio: "Livewire" 1990 Santa Barbara Mason Capwell mozo 1991 Roseanne Darlene's Classmate Episodio: "Home-Ec" 1991–1992 Growing Pains Luke Brower 2008-2010 Greensburg Produtor executivo e co-creador 2014 Saturday Night Live Cameo Programa: "Jonah Hill/Bastille"

Produtor + Filme Ano Título Notas 2004 O asasinato de Richard Nixon Produtor executivo 2004 The Aviator Produtor executivo 2007 The 11th Hour Produtor 2007 Gardener of Eden Produtor 2008–2010 Greensburg Producer 2009 Orfa Produtor 2011 Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? Produtor 2011 The Ides of March Produtor executivo 2013 Runner, Runner Produtor 2013 Out of the Furnace Produtor 2013 The Wolf of Wall Street Produtor 2014 Virunga Produtor executivo 2014 Cowspiracy Produtor executivo

Premios

Óscars

Ano Categoría Película Resultado2015Óscar ó mellor actorThe RevenantGañador2013Óscar ó mellor filmeThe Wolf of Wall StreetCandidato2013Óscar ó mellor actorThe Wolf of Wall StreetCandidato2006Óscar ó mellor actorDiamante de sangueCandidato2004Óscar ó mellor actorThe AviatorCandidato1993Óscar ó mellor actor secundarioA quen ama Gilbert Grape?Candidato

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado2015Globo de Ouro ó mellor actor - DramaThe RevenantGañador2013Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalThe Wolf of Wall StreetGañador2012Globo de Ouro ó mellor actor secundarioDjango UnchainedCandidato2011Globo de Ouro ó mellor actor - DramaJ. EdgarCandidato2008Globo de Ouro ó mellor actor - DramaRevolutionary RoadCandidato2006Globo de Ouro ó mellor actor - DramaBlood DiamondCandidato2006Globo de Ouro ó mellor actor - DramaInfiltradosCandidato2004Globo de Ouro ó mellor actor - DramaThe AviatorGañador2002Globo de Ouro ó mellor actor - DramaCatch Me If You CanCandidato1997Globo de Ouro ó mellor actor - DramaTitanicCandidato1993Globo de Ouro ó mellor actor secundarioA quen ama Gilbert Grape?Candidato

Screen Actors Guild

Ano Categoría Película Resultado2015Mellor actorThe RevenantCandidato2011Mellor actorJ. EdgarCandidato2006Mellor actorBlood DiamondCandidato2006Mellor actor secundarioInfiltradosCandidato2004Mellor actorThe AviatorCandidato

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Óscar ó mellor actor