miniatura|dereita|Establecemento no Porriño. Pizza Móvil é o nome comercial de Vidisco S.L., unha empresa de comida rápida nacida en Vigo en 1989. Actualmente a empresa pertence ao grupo portugués Ibersol, e ten 67 locais en toda España, algunhas delas franquiadas, posiciónase como a terceira empresa do sector no estado.
Historia Pizza Móvil é unha empresa de comida rápida e distribución a domicilio, especializada na elaboración de pizzas, nacida en Vigo, onde ten a súa sede operativa. Ten dúas fábricas no Porriño e en Barcelona. Orixinariamente nace dunha mesma raíz que Telepizza, pero por desencontros de directivos deciden separarse seguindo a súa evolución como empresas separadas.
En Asturias a súa primeira tenda colocárona en Siero, no complexo Parque Principado, para instalarse posteriormente en Xixón, Oviedo e Avilés. Seguindo un plano de expansión abriron dúas novas tendas en Xixón e Oviedo, así como en La Felguera e Mieres.
As súas masas son frescas e están avaladas polo selo de Galicia CalidadeMasa fresca para pizzas "Pizza Móvil", artigo en www.galiciacalidade.es..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Galicia Calidade