Factotum é unha produción noruega-estadounidense baseada na novela homónima de Charles Bukowski. Está dirixida por Bent Hamer e interpretada por Matt Dillon, Lili Taylor e Marisa Tomei. O guión é de Bent Hamer e Jim Stark, e a música de Kristin Asbjørnsen. Foi estreada en 2005.
Sinopse
Hank Chinaski é un escritor que non logra vivir do que escribe. A súa principal afección é a bebida, apostar nas carreiras de cabalos e compartir o seu amor con Jan e Laura, igualmente bebedoras. Para costearse os seus vicios, acepta diversos traballos temporais nos que nunca dura demasiado. Despois de que Jan o deixa por unha situación máis estable, finalmente unha revista acepta unha das súas obras.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Minnesota Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes sobre escritores