José Manuel Pinto Colorado, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 8 de novembro de 1975, é un futbolista español. Xoga de porteiro.

Traxectoria Comezou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, xogando 3 tempadas en Segunda B entre 1994 e 1997. No ano 1998 pasa a formar parte do primeiro equipo do Real Betis Balompié.

Celta de Vigo Xogou no Real Club Celta de Vigo desde a tempada 1998-1999). Aínda que nas súas primeiras tempadas no conxunto vigués exerceu como segundo porteiro, nos últimos anos converteuse en titular indiscutible, disputando practicamente todos os encontros das tempadas 2005-2006 e 2006-2007. Por outro lado tamén foi un dos capitáns do equipo celeste durante o seu derradeiro ano no club.

Disputou a Copa da UEFA co Celta en catro tempadas consecutivas entre 1999 e 2003 e ó ano seguinte (2003-2004) xogou varios encontros da Champions League na primeira vez na súa historia que o Celta acadaba a clasificación para participar nesta competición. O descenso a Segunda División do Celta, na tempada 2003–04, supuxo a chegada ao banco vigués de Fernando Vázquez, quen lle confiou a Pinto a titularidade. A seguinte tempada, novamente en Primeira, Pinto continuou como titular indiscutíbel e conquistou o Trofeo Zamora como gardameta menos goleado do campionato. Porén, un ano máis tarde, o seu equipo perdeu novamente a categoría.

FC Barcelona O 18 de xaneiro de 2008 anunciouse oficialmente a súa incorporación, en calidade de cedido, ao FC Barcelona, que buscaba un futbolista para suplir o seu segundo gardameta, Albert Jorquera, lesionado a finais de decembro de 2007 para o resto da tempada. Os blaugranas desembolsaron 500.000 euros pola cesión de seis meses, reservando unha opción de compra sen custo adicional. Na súa primeira tempada en Barcelona xogou tres partidos de Liga, nos que encaixou oito goles. A pesar da súa escasa participación, o Barcelona decidiu exercer a opción de compra sobre o xogador, ofrecéndolle un contrato de dúas tempadas.

Na tempada 2008–09 é suplente habitual de Víctor Valdés en liga e Liga de Campions, aínda que é o gardameta titular na Copa do Rei. Nesta competición tivo un papel especialmente destacado no encontro de volta das semifinais, fronte ao RCD Mallorca, cando detivo un penalti. Tamén xogou un papel importante na súa final, xa que só encaixou un gol do Athletic Club, dándolle ao seu equipo a súa primeira copa do ano 2009.

Na Liga de Campións da UEFA 2010-11 foi sancionado con dous partidos logo de imitar o asubío do árbitro nun enfrontamento contra o F.C. København"La UEFA investigará el silbido de Pinto ante el Copenhague", artigo en El País, 23 de outubro de 2010 ..

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiFC Barcelona España2008/09Liga españolaFC Barcelona España2008/09Liga españolaFC Barcelona España2009/10Supercopa de EspañaFC Barcelona España2009/10Liga españolaFC Barcelona España2010/11Supercopa de EspañaFC Barcelona España2010/11Copa do ReiFC Barcelona España2011/12Supercopa de EspañaFC Barcelona España2011/12

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoCelta de Vigo España2000Copa de EuropaFC Barcelona España2008/09Supercopa de EuropaFC Barcelona España2009/10Mundial de ClubsFC Barcelona España2009/10Copa de EuropaFC Barcelona España2010/11Supercopa de EuropaFC Barcelona España2011/12Mundial de ClubsFC Barcelona España2009/10

Distincións individuais DistinciónAnoTrofeo Zamora2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do FC Barcelona Datos do xogador en elmundo.es Datos do xogador en bdfutbol.com Páxina da discográfica de Pinto

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en El Puerto de Santa María Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Gañadores do Trofeo Zamora