Diego Rodolfo Placente, nado en Buenos Aires o 24 de abril de 1977, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística en Argentinos Juniors e logo dun ano, River Plate contratou a Placente.
Despois de tres anos, o futbolista mudou a Europa, concretamente ó alemán Bayer Leverkusen, equipo no que tivo a oportunidade de conquistar o Bundesliga, a Copa Alemá e a Liga de Campións.
En 2002, o seu equipo chego ata a final de Copa Alemá e Liga de Campións, perdendo a Copa por goles de diferenza co Bayern Munich. Foi tido en conta por Marcelo Bielsa para o mundial de 2002 no Xapón pero apenas xogou.
En 2005 é fichado polo Celta de Vigo, e non foi chamado por José Pekerman para disputar o mundial de 2006 en Alemaña.
Selección nacional Participou en 22 encontros coa selección arxentina entre 2000 e 2005, chegando a xogar o Mundial de Corea e o Xapón de 2002.
Palmarés Campión do mundo sub-20 en 1997. Campión suramericano sub-20 en 1997. Tres ligas arxentinas. Finalista da Champions en 2002 (Bayer Leverkusen). Finalista da Copa Alemá en 2002 (Bayer Leverkusen).
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Leverkusen who's who Fucha do xogador
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002