Continental é unha película galega dirixida por Xavier Villaverde no ano 1990. Trátase dun drama de 97 minutos de duración protagonizado por Eusebio Poncela, Héctor Alterio, Marisa Paredes, Cristina Marcos e Jorge Sanz entre outros, e con varios nomes galegos no elenco.

Sinopse O Continental é un bar prostíbulo situado nunha zona portuaria que se disputan dúas bandas de mafiosos. Ambas estiveran no pasado a cargo do mesmo capo, Gonçalves, o que levaran por diante na súa loita polo poder. Porén, transcorridos varios anos desde a desaparición deste, a súa sombra parece seguir pesando en forma de maldición sobre os membros das bandas.

Elenco de actores Os intérpretes do filme por orde alfabética son Alberto Alonso, Joaquín Alonso-Colmenares, Héctor Alterio, Manuel Areoso, Marina Asal, Feodor Atkine, Antonio Durán "Morris", Angelita Enríquez, Mónica García, Xosé Lois González, Juan Graell, Fernando Guillén, Xavier R. Lourido, Elina Luaces, Manuel Manquiña, Carlos Marcet, Cristina Marcos, Luisa Martínez, Lola Baldrich, Nancho Novo, Marisa Paredes, Eusebio Poncela, Eduardo Puceiro, Canco Ramonde, Antón Reixa, Orlando Rodríguez, Eufemia Román, Jorge Sanz, Antonio F. Simón, Marisa Soto, Gonzalo Uriarte

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Axencia Audiovisual Galega No programa Clac da TVG2 en 2022

Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Villaverde Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 1990 con versión en galego