Chocolat é un filme do 2000 baseado na novela Chocolat, escrita por Joanne Harris. É unha coprodución entre o Reino Unido e os Estados Unidos. Co fin de prepararse para o seu papel, Juliette Binoche estivo uns días nunha confeitería de París, aprendendo a preparar doces de chocolate.
Sinopse Vianne Rocher (Juliette Binoche) trasládase coa súa pequena filla a unha localidade da Francia rural. Alí abre unha tenda na que vende deliciosos chocolates. Con todo, os habitantes do lugar recíbena con escepticismo. Pola súa banda, o alcalde tamén é reticente respecto deste tipo de tenda, algo ó que os veciños non están afeitos. Pero Vianne é unha muller cun encanto especial, e ós poucos vaise gañando a simpatía e amizade dos veciños e ata do alcalde.
Elenco Juliette Binoche : Vianne Rocher Johnny Depp : Roux Lena Olin : Josephine Muscat Judi Dench : Armande Voizin Alfred Molina : Conde de Reynaud Carrie-Anne Moss : Caroline Clairmont Peter Stormare : Serge Muscat Leslie Caron : Madame Audel
Premios Na 73ª edición dos Oscar a película obtivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor película, mellor actriz principal (Juliette Binoche), mellor actriz secundaria (Judi Dench), mellor guión adaptado, e mellor música.
2000: 5 Nomeamentos ó Óscar, incluíndo mellor filme, música e actriz. 2000: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme, banda sonora, actriz comedia e actriz secundaria. 2000: 8 nomeamentos ó BAFTA, incluíndo mellor fotografía, vestiario e guión adaptado. 2000: Nomeada ó Premios Goya: Mellor filme europeo. 2000: Nomeada ó David de Donatello: Mellor película estranxeira. 2001: Festival de Berlín: Sección oficial de longametraxes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Lasse Hallström Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes ambientados en 1959