O 15 de novembro é o 319º día do ano no Calendario Gregoriano e o 320º nos anos bisestos. Quedan 46 días para rematar o ano.

Acontecementos miniatura|Primeira páxina da "Acta de Constitución do Consello de Galiza", Montevideo, 15/11/1944. Fundación Penzol. 565 - En Constantinopla (Imperio Bizantino) Xustino II sucede ao seu tío, Xustiniano I, como emperador. 1533 - Francisco Pizarro chega a Cuzco, o Perú, capital do Imperio Inca. 1889 - No Brasil, o monarca Pedro II do Brasil é deposto e proclámase a república. 1907 - O San Francisco Chronicle inicia a publicación diaria da primeira tira cómica do mundo: Mr. Mutt. 1942 - Termina a batalla de Guadalcanal na segunda guerra mundial. 1944 - Constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, o que será goberno galego no exilio despois do golpe militar do 36. Á fronte estaba Alfonso Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde Rey, Ramón Suárez Picallo e Alonso Ríos, os catro deputados galegos electos das Cortes republicanas. 1947 - Creación do Padroádego Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. 2000 - Creación do novo estado indio de Jharkhand.

Nacementos miniatura|125px|dereita|William Herschel. 1708 - William Pitt, o Vello, primeiro ministro inglés (m. 1778). 1738 - William Herschel, astrónomo alemán (m. 1822). 1848 - Casto Sampedro Folgar, avogado e historiador galego (m. 1937). 1852 - Arturo Vázquez Núñez, polígrafo ourensán (m. 1907). 1862 - Gerhart Hauptmann, dramaturgo alemán, Premio Nobel de Literatura (m. 1946).miniatura|125px|dereita|Sara Josephine Baker. 1873 - Sara Josephine Baker, médica estadounidense (m. 1945). 1874 - August Krogh, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1949). 1887 - Georgia O'Keeffe, pintora estadounidense (m. 1986). 1887 - Marianne Moore, poeta estadounidense (m. 1972). 1888 - Antonio Taboada Tundidor, avogado e político galego (m. 1959). 1891 - Erwin Rommel, militar alemán (m. 1944).

1899 - Urania Mella, política galega e precursora do asociacionismo feminino. (m.1945). 1909 - Carlos Velo, cineasta galego. 1911 - Maximino Romero de Lema, bispo galego (m. 1996). 1922 - Francesco Rosi, director de cine italiano. 1928 - Alfonso Gallego Vila, pintor e escritor galego. 1942 - Daniel Barenboim, músico e director de orquestra arxentino. 1944 - Michael Moloney, músico e estudoso da música de orixe irlandesa (m. 2022). 1951 - Pegerto Saavedra Fernández, historiador galego. 1955 - Daniel Domínguez, guionista galego. 1967 - Xosé Ramón Gómez Besteiro, primeiro presidente socialista da Deputación de Lugo. 1967 - François Ozon, cineasta francés. 1987 - Alicia Fernández Rodríguez, poeta galega.

Mortes miniatura|100px|dereita|Johannes Kepler. miniatura|100px|dereita|Basilio Álvarez. 1630 - Johannes Kepler, astrónomo e matemático alemán (n. 1571). 1787 - Christoph Willibald Gluck, compositor alemán (n. 1714). 1913 - Juan Manuel Espada Montanos, médico e xornalista galego (n. 1843). 1917 - Émile Durkheim, sociólogo francés (n. 1858). 1919 - Alfred Werner, químico suízo (n. 1866). 1942 - Cándido Fernández Mazas, pintor, debuxante e escritor galego (n. 1902). 1943 - Basilio Álvarez, dirixente agrarista galego (n. 1877). 1958 - Tyrone Power, actor estadounidense (n. 1914). 1959 - Charles Thomson Rees Wilson, físico escocés (n. 1869). 1969 - Ignacio Aldecoa, escritor en lingua castelá (n. 1925). 1976 - Jean Gabin, actor francés (n. 1904). 1976 - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (n. 1903) 1978 - Margaret Mead, antropóloga estadounidense (n. 1901). 2016 - Narf, músico galego (n. 1968).

Festas e celebracións Día Mundial sen Alcohol (declarado en 1963 pola Organización Mundial da Saúde"Día Mundial sen Alcohol. Unha xornada cero cero", en La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la Escuela de 15 de novembro de 2023, px. 8.)

Outros Santoral: San Leopoldo, Santo Alberte o Magno, Santo Aurelio.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro