María Jiménez Gallego, nada en Sevilla o 3 de febreiro de 1950 e finada na mesma cidade o 7 de setembro de 2023, foi unha cantante andaluza. En 2022, recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Traxectoria Famosa polo contido liberal das súas letras e actuacións, comezou amadriñada por La Pipa en tablaos como Las Brujas nos primeiros anos da democracia española tralo franquismo.
Publicou o seu primeiro disco en 1976, con arranxos do guitarrista Paco Cepero con rumbas, tangos, bulerías, boleros, rancheiras e baladas de Silvio Rodríguez, Lolita de la Colina ou Amancio Prada. A este seguíronlle outros discos como Sensación e varias recompilacións.
A súa carreira relanzouse ó colaborar na canción La lista de la compra do grupo La cabra mecánica, e editando Donde más duele con cancións de Joaquín Sabina.
Publicou a súa biografía e apareceu en varias películas e series de televisión como Todos los hombres sois iguales. Presentou o programa Bienaventurados, en Canal sur.
Vida persoal
Casara co actor Pepe Sancho, con quen tivo un fillo, Alejandro. Antes deste matrimonio, tivera outra filla, María del Rocío, que faleceu nun accidente de tráfico.
Discografía María "La Pipa", 1975 (BMG-Ariola) María Jiménez, 1976 (Fonomusic) María Jiménez (Se acabó), 1978 (Fonomusic) Resurrección de la alegría, 1979 (Fonomusic) Sensación, 1980 (Fonomusic) De distinto modo, 1981 (Fonomusic) Frente al amor, 1982 (Fonomusic) Por primera vez, 1983 (Fonomusic) Voy a darte una canción, 1984 (Fonomusic) Seguir viviendo, 1986 (Fonomusic) Alma salvaje, 1987 (Universal) Rocíos, 1988 (PM Records) Átame a tu cuerpo, 1993 (Senador/Coliseum) Eres como eres, 1995 (Divucsa) Donde más duele (canta por Sabina), 2002 (Muxxic/Universal) De María...a María...¡con sus dolores!, 2003 (Muxxic/Universal) Jiménez canta Jiménez (canta a José Alfredo Jiménez), 2005 (Muxxic/Universal) Bienaventurados, 2006 (Qbs Slu/Vale Music) La vida a mi manera, 2020 (Universal)
Filmografía
Manuela Ano: 1976 Dirección: Gonzalo García Pelayo
Perdóname amor Ano: 1982 Dirección: Luis Gómez Valdivieso
La vida siempre es corta (curta) Ano: 1994 Dirección: Miguel Albaladejo
Hostal Royal Manzanares (serie) Ano: 1996 Dirección: Sebastián Junyent
Todos los hombres sois iguales (serie) Ano: 1997 Dirección: Jesús Font
¡Ja me maaten...! Ano: 2000 Dirección: Juan Antonio Muñoz
Yo, puta Ano: 2004 Dirección: María Lidón
Amar en tiempos revueltos (serie) Ano: 2006 Dirección: Lluis María Güell e Orestes Lara
Los mánagers Ano: 2006 Dirección: Fernando Guillén Cuervo
Notas
Categoría:Cantantes de Andalucía Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Sevilla