San Xillao de Figueiroá é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz (Ourense). Segundo o IGE, en 2022 tiña 229 habitantes (122 homes e 107 mulleres).

Patrimonio Igrexa de San Xoán Bautista de Rioseco. Igrexa da Nosa Señora da Asunción da Torre. Capela de Santa Bárbara de Caxamonde. O día de Pascua sácase á Virxe desde esta capela para atoparse co Cristo na chaira da Parroquia. Igrexa de San Xillao de Figueiroá. Ten a inscrición "ESTA ESICLA D REFVGIO I SACRO".

Lendas Dise que na aldea da Torre había un cárcere, hoxe convertido en domicilio particular, e aqueles presos que conseguían alcanzar a Igrexa quedaban libres. Este privilexio foi concedido pola Condesa de Torre-Múzquiz, que moraba nunha casa señorial, conservada na actualidade, situada a escasos 15 metros do citado cárcere. Na fachada da mencionada antiga casa señorial aínda se pode contemplar o Escudo de Armas da Condesa.

Acceso Pódese chegar ao concello a través da estrada secundaria OU-101 desde Ourense en dirección a Maceda, e que cruza o concello.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Figueiroá

Parroquias de Paderne de Allariz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paderne de Allariz

Ligazóns externas Blog sobre o lugar da Torre e o concello de Paderne de Allariz

Categoría:Parroquias de Paderne de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xillao