Carlos Ignacio Aymerich Cano, nado en Vigo en 1967, é un profesor universitario e político nacionalista galego que militou no BNG.
Traxectoria Deputado no Congreso español pola provincia da Coruña entre os anos 2000 e 2004, tamén foi deputado pola Coruña no Parlamento galego polo BNG dende xullo de 2005 ata marzo de 2013.
Despois da dimisión de Anxo Quintana como voceiro nacional tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, Carlos Aymerich postulouse como novo candidato a este posto a través da plataforma Máis BNG. Foi o voceiro do BNG no Parlamento de Galicia até o 8 de febreiro de 2012.Aymerich deja la portavocía del BNG por coherencia “política y personal”
O 29 de febreiro de 2016, trala XV Asemblea Nacional do BNG, anunciou que abandonaba o partido. Desde entón ocupa a secretaría xeral da Universidade da Coruña, no equipo de goberno do reitor Xulio Abalde.
Publicacións Obras colectivas O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións. A Unión Europea como problema. Reflexións desde Galiza, 2014, Fundación Galiza Sempre.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo BNG Categoría:Profesores da Universidade da Coruña