Pipino de Landen ou Pipino o Vello, nado cara ao 580 e finado o 27 de febreiro de 639, foi mordomo de palacio de Austrasia, onde posuía un vasto dominio.

Traxectoria

Accedeu ao cargo no ano 615 e mantívoo durante o reinado de tres reis merovinxios, pero Dagoberto I tirouno do cargo no 629, se ben recuperou o posto trala morte do rei en 639.

Pola súa filla Begga (620-695), foi o primeiro antepasado dos Pipínidas dando orixe á Dinastía Carolinxia. A súa outra filla, Gertrude (626-659) foi abadesa de Nivelles, chegou a ser santa e é patroa de Landen. Nomeou o seu fillo Grimaldo (616-656) mordomo de palacio. Pipino foi asasinado en París despois de usurpar o poder real.

Categoría:Francos Categoría:Carolinxios Categoría:Finados en 639 Categoría:Mordomos de palacio