Santa María Madanela da Graña de Vilarente é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 174 habitantes en 2023 (88 homes e 86 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón un descense da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres).

Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 16'81 hab/km² no 2023.

Xeografía As entidades son A Cabana (25), A Cabeceira ou A Carballeira (13), O Carboeiro (12), A Casavella (4), O Coído (10), Fraga de Vila (11), Penela (7), Porto da Moura (25), A Pumarega (2), Ruavella (23), Os Trinta (12), Vilar de Nuño (22) e Vista Alegre (8). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.

Orografía Destacan os cumios de Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).

Patrimonio O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vans con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cuadrangular de tipo asturiano, alpendres etc. Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cuadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Graña de Vilarente

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de María Madalena