O CNT é un periódico que edita o sindicato Confederación Nacional do Traballo (CNT), sendo o principal medio de expresión desta organización anarcosindicalista. Ten unha periodicidade mensual.
Seccións Entre as súas seccións encóntranse:
Sindical Actualidade Internacional Opinión Economía Cultura Confederal
Dirección do xornal Elíxese a súa dirección e localidade de residencia nun congreso ou pleno nacional da CNT. A dirección ocúpase da distribución, impresión, venda, administración das subscricións e recepción de artigos para o periódico. O director elixido para o periódico acode ás reunións do comité nacional da CNT con voz pero sen voto. O secrerario xeral da CNT é o encargado de redactar a editorial do periódico.
Licenza O CNT edítase cunha licenza Creative Commons de carácter copyleft, e ademais de en papel, pódese ler en Internet. O seu número ISSN é 1135-173X.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa anarquista de España Categoría:CNT