A lingua moldova (limba moldovenească, ou лимба молдовеняскэ) é un dos nomes da lingua romanesa na República Moldova, e segundo o Artigo 13 da constitución; "Article 13, line 1 – of Constitution of Republic of Moldova" o outro nome, recoñecido pola Declaración de Independencia de Moldova e o Tribunal constitución é "romanés".

A nivel oficial, o Tribunal Constitucional interpretou no 2013 que o Artigo 13 da constitución foi substituído pola Declaración de Independencia, dando así un estatuto oficial á lingua nomeado como 'romanés'.

Ortografía miniatura|dereita|Un sinal de "Benvidos!" en cirílico moldovo en Tiráspol, Transnistria, 2012. A frase en alfabeto latino sería: "" A lingua foi escrita, xeralmente, en alfabeto romanés cirílico (baseado no alfabeto do antigo eslavo eclesiástico) antes do século XIX. Dende aí até a primeira guerra mundial, foron usados o antigo cirílico e o latino, até que o antigo cirílico caeu en desuso. No período de entreguerras, as autoridades soviéticas da República Socialista Soviética Autónoma de Moldova usaron o latino e o cirílico para escribir a lingua, debido ás metas políticas dese tempo. Entre 1940 e 1989, durante o dominio soviético do país, o novo alfabeto cirílico moldovo substituíu o alfabeto latino como o alfabeto oficial de Moldova."Language policy in the Soviet Union" Grenoble 2003, pp. 89–93 En 1989, o alfabeto latino foi, de novo, adoptado en Moldova, xunto coas regras ortográficas usadas en Romanía nese tempo. Porén, en Transnistria seguese usando o alfabeto cirílico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía – About the identity of the contemporary Moldovans in the context of debates about their language.

Categoría:Lingua romanesa Categoría:Linguas románicas orientais