David John Moore Cornwell, nado en Poole, Dorset, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931 e finado en Truro o 12 de decembro de 2020, foi un novelista británico, máis coñecido co sobrenome de John le Carré.
Durante as décadas de 1950 e 1960, traballou no Servizo de Seguridade (MI5) e no Servizo Secreto de Intelixencia (MI6). A súa terceira novela, The Spy Who Came in from the Cold (1963), converteuse nun best-seller internacional e abandonou os traballos anteriores parta se converter en escritor a tempo completo. Especializouse no xénero de relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría e outros escritores como Frederick Forsyth o consideran o mestre das novelas de espías.
Traxectoria Tivo unha infancia difícil pois foi abandonado pola súa nai cando tiña 5 anos e seu pai era un estafador profesional.
Estudou linguas na Universidade de Berna e no Lincol College da Universidade de Oxford, e foi profesor na Universidade de Eton entre 1956 e 1958 e ingresou no corpo diplomático como segundo secretaro na embaixada de Bonn entre 1960 e 1964. A súa carreira diplomática rematou en 1964 cando o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos.
O final da Guerra fría levouno a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming.
Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.
A novela The Spy Who Came in from the Cold, publicada en 1963, foi elixida por Publishers Weekly comoa a mellor novela de espionaxe de tódolos tempos. Tamén forma parte da lista das 100 mellores da Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos (Mystery Writers of America).
Obra
Novelas Call for the Dead (1961), A Murder of Quality (1962), The Spy Who Came in from the Cold (1963), The Looking Glass War (1965), A Small Town in Germany (1968), The Naïve and Sentimental Lover (1971), Tinker Tailor Soldier Spy (1974), The Honourable Schoolboy (1977), Smiley's People (1979), The Little Drummer Girl (1983), A Perfect Spy (1986), The Russia House (1989), The Secret Pilgrim (1990), The Night Manager (1993), Our Game (Hodder & Stoughton 1995), The Tailor of Panama (1996), Single & Single (1999), The Constant Gardener (2001), Absolute Friends (2003), The Mission Song (2006), A Most Wanted Man (2008), Our Kind of Traitor (2010), A Delicate Truth (2013), A Legacy of Spies (Penguin 2017), Agent Running in the Field (Viking 2019),
Guións cinematográficos
End of the Line (1970) A Murder of Quality (1991) The Tailor of Panama (2001), con John Boorman e Andrew Davies
Adaptacións das súas obras
No cine
The Spy Who Came in from the Cold, dirixida por Martin Ritt en 1965, protagonizada por Richard Burton. The Deadly Affair, adaptación de Call for the Dead, dirixida por Sidney Lumet en 1966, protagonizada por James Mason. The Looking Glass War, dirixida por Frank Pierson en 1969, protagonizada por Anthony Hopkins. The Little Drummer Girl, dirixida por George Roy Hill en 1984, protagonizada por Diane Keaton. The Russia House, dirixida por Fred Schepisi en 1990, protagonizada por Sean Connery. The Tailor of Panama, dirixida por John Boorman en 2001, protagonizada por Pierce Brosnan. The Constant Gardener, dirixida por Fernando Meirelles en 2005, protagonizada por Ralph Fiennes. Tinker Tailor Soldier Spy, dirixida por Tomas Alfredson en 2011, protagonizada por Gary Oldman. A Most Wanted Man, dirixida por Anton Corbijn en 2014, protagonizada por Philip Seymour Hoffman. Our Kind of Traitor, dirixida por Susanna White en 2016, protagonizada por Ewan McGregor.
Na televisión
Tinker Tailor Soldier Spy, adaptada pola BBC en 1979, con Alec Guinness. Smiley's People, adaptada pola BBC en 1981, con Alec Guinness. A Perfect Spy, adaptada pola BBC en 1987, con Peter Egan. A Murder of Quality, adaptada por Thames Television e dirixida por Gavin Millar en 1991, con Denholm Elliott. The Night Manager, adaptada pola BBC en 2016, con Tom Hiddleston e Hugh Laurie.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Dorset Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Berna Categoría:Profesores do Eton College Categoría:Novelistas do Reino Unido