The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.

Historia Fundado en 1994 en Alcobaça é un dos mellores expoñentes da música portuguesa actual. O seu éxito mesmo traspasou as fronteiras portuguesas, algo nada fácil para as bandas pop deste país.

No ano 2005 gañaron o "MTV Europe Award for Best Portuguese Act" e o "Prémio Arco-íris" entregado pola asociación ILGA Portugal, recoñecendo a contribución na loita contra a discriminación e a homofobia.

Habitualmente cantan en inglés, aínda que no último disco teñen algún tema en portugués, como o que dá nome ao álbum Fácil de entender ou unha versión de "Índios", unha canción do grupo brasileiro Legião Urbana.

The Gift en Galicia miniatura|250px|A banda no Vigo Tr4nsforma 2011 Os The Gift actuaron varias veces en Galicia, algúns exemplos destas actuacións son: Carballo, 2003 Santiago de Compostela, 2005 Vigo, 2005 Festival Dolorock'07, celebrado en Mosteiro-Meis, 2007 Pop in Noia, Noia, 2007 Vigo Tr4nsforma, Vigo, 2011

Membros do grupo Os integrantes dos The Gift son: Sónia Tavares: vocalista Nuno Gonçalves: teclista John Gonçalves: teclista e Baixista Miguel Ribeiro: guitarrista, Baixista

Discografía Álbums Digital Atmosphere (demo tape sen versión comercial, 1997) Vinyl (1998) Film (2001) AM-FM (2004; O tema "11:33", está presente no xogo FIFA 06) Fácil de Entender (2006) Explode (2011)

Sinxelos Do álbum Vinyl

Ok! Do you want something simple? (1999) Real (Get Me For...) (1999) Truth (2000)

Do álbum Film

Waterskin (2001) Question of love (2001)

Do álbum AM-FM Driving You Slow (2004) 11:33 (2005) Music

Do álbum Fácil de Entender Fácil de Entender (2006)

Categoría:Grupos musicais de Portugal Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1994