Kalandraka é unha editorial pontevedresa especializada na edición de libros infantís. Naceu no ano 1998Editorial Kalandraka. Exposición Sala Infantil , Reddebibliotecas.jccm.es ., baixo a inspiración dun grupo de persoas ligadas ao mundo do ensino e da literatura infantil nas súas vertentes de animadores, libreiros, autores ou difusoresInformación sobre a editorial en Guiaempresas.universia.es . O grupo promotor conformábano Xoán Couto, Begoña Martínez, Gonzalo Pérez, Isabel Tato, Manuela Rodríguez e Xosé Ballesteros, que daquela achegaron un millón de pesetas (6.000 €) por cabeza.. Ten máis de 1000 títulos no catálogo20 años de aniversario para una Kalandraka con nuevos proyectos, Galiciapress, 31 de marzo de 2018 .. Foi pioneira en Galicia na edición de álbum ilustrado de xeito sistemático en galego e, en paralelo, noutras linguas peninsulares (éuscaro, catalán, castelán e portugués) e do resto do mundo (italiano e inglés).

En 2012 converteuse na primeira editorial galega en ser recoñecida polo Ministerio de Cultura español co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural, unha distinción de carácter honorífico creada en 1994 para recoñecer a traxectoria editorial de persoas físicas ou xurídicas cuxa achega á vida cultural fose innovadora e sobranceira.Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural , Culturaydeporte.gob.es .

O primeiro director da empresa foi Xoán Couto, cargo que dende 2004 ocupa o vigués Xosé Ballesteros; canda el, na dirección editorial, está Manuela RodríguezFicha de Rodríguez na web da editorial.. A compañía conta na actualidade con máis de 20 traballadores e unha posición consolidada no mercado internacional.

En colaboración co Concello de Santiago de Compostela convoca dende 2007 o Premio Internacional Compostela para Álbums IlustradosO Concello e Kalandraka convocan un premio internacional de álbum ilustrado pioneiro en Galicia , Santiagodecompostela.gal, 8 de outubro de 2007.. Así mesmo, en colaboración co concello de Orihuela convoca dende 2008 o Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para NenosFicha da obra gañadora na I edición do certame..

A compañía promove outros proxectos e establecementos comerciais como a libraría Libros para soñarBlog da libraría Libros para soñar. na zona vella de Vigo, o Espacio Kalandraka (unha sala de exposicións e obradoiros artísticos) no Barrio das Letras madrileñoEntrada sobre Espacio Kalandraka en barrioletras.com ou a canle de televisión dixital de literatura infantil e xuvenil Kalandraka.tvPáxina web de Kalandraka.tv..

Faktoría K é un dos selos da editorialFaktoría K de Libros , Kalandraka.com..

Traxectoria Etimoloxía miniatura|dereita|Xosé Ballesteros (esqda.), director de Kalandraka, co xornalista Ramón Rozas na Casa das Campás, como parte o evento Conversas na UVI, o 23 de outubro de 2018. O nome da compañía, Kalandraka, está tomado dun grupo de teatro vinculado aos fundadores, e escollérono principalmente debido á súa forte sonoridade.

Con todo, varios dicionarios bidireccionais castelán-galego recollen o termo homófono calandraca coas acepcións de "lodo aherido á roupa" e, nun sentido figurado, de "esperpento, persoa desleixada e sucia" ou "calamidade"De "calamidad" a referente mundial, Faro de Vigo, 15 de outubro de 2012 .Entrada no Dicionario de Dicionarios, UVigo..

Por outra banda, en castelán é posible rastrexar outros significados como o de "sopa feita a base de galleta" (nun contexto marítimo) e o de conversa molesta (un localismo murciano)Entrada no DRAE .

Con nomes idénticos ou parecidos, existen outros grupos e entidades sen vinculación ningunha coa editorial: o grupo musical KalandrakasPáxina web oficial da banda de rock . ou o refuxio Kalandraka, en Rodellar (Huesca)Páxina web do albergue ..

Comezos Dende os inicios, amais do aspecto netamente literario, unha das preocupacións da editorial tiña que ver coa normalización lingüística do galegoEntrevista con X. Ballesteros, Pekelele.es .. Así mesmo, a editorial desenvolveu xa dende a nacenza unha serie de actividades de animación á lectura co título de “Libros para contar”.

Iniciouse con tres coleccións: Demademora, que pretendía recoller a obra dos escritores e autores contemporáneos; Os Contos do Trasno, que acollía as adaptacións dos contos clásicos ou a versión dos contos populares de diferentes culturas (estreouse con "A casiña de chocolate" dos irmáns Grimm, adaptada e ilustrada por Macu Fontarigo, e con "Os tres osos", con debuxos de Pepe Carreiro); e Maremar, unha colección de creación, cun formato diferente, dirixida a "nenos entre 9 e 99 anos"Os contos para nenos xa teñen a súa propia casa editorial en galego, Faro de Vigo, 6 de xuño de 1998 ., que abriu con O ladrón de voces (con ilustracións de Loreto Blanco Salgueiro e textos de Rafael F. Lorenzo) en 1998Ficha da obra na Revista Galega de Educación, dixitalizada no arquivo da AELG..

Ao longo da primeira etapa, foi diversificando a súa produción con máis coleccións: Tras os montes, conformada por éxitos internacionais da literatura infantil do século XX traducidos ao galegoKalandraka Editora cumpre cinco anos como un referente para edición galega e para a literatura infantil e xuvenil de todo o mundo, Culturagalega.gal, 2 de abril de 2003., a Biblioteca de Panteno, con textos para adultos sobre a literatura infantil, ou Sondeconto.

1999-2009 En 2001 apareceron as coleccións Seteleguas, para lectores de entre 8 e 10 anos, e Tiramillas, para aqueloutros de entre 10 e 12.

Múltiples ilustradores galegos e de fóra iniciaron con Kalandraka a súa andaina polo mundo da literatura infantil. Nalgúns casos, os recoñecementos en forma de Premios Nacionais chegaron axiña, como foi o caso de Óscar Villán con O coelliño branco (Premio Nacional de Ilustración de 1999) ou de Federico Fernández con Onde perdeu Lúa a risa? (Premio Nacional en 2001).

Máis adiante, en 2003, a obra Artefactes recibiría o Premio ao Libro mellor editado; ese ano o libro Pancho, de Antonio Santos, foi distinguido co 2º Premio Nacional de IlustraciónFicha da obra .. Un ano máis tarde, en 2004, Un lugar en el bosque, de Armando Quintero, foi Premio Nacional de Literatura infantil no Uruguai.

Pola súa banda, Smara acadou o Premio Isaac Díaz Pardo ao libro mellor ilustrado de 2006. E Pucho o habitador dos tellados, de Manuel Janeiro Casal, ilustrado por Juan Ramón Alonso, recibiu o Premio Nacional de Edición no ano 2007Pucho, o habitador dos tellados , LG3..

Estas e outras obras publicadas pola editorial recibiron así mesmo o Premio Llibreter"La niña de rojo" (Kalandraka), Premio Llibreter 2013, Culturamas, 25 de xuño de 2013 ., o Daniel GilUna obra editada por Kalandraka recibe el Premio Daniel Gil al mejor libro infantil, La Voz de Galicia, 21 de febreiro de 2008 . (en varias edicións) ou o Premi Junceda d'l·lustracióListados de premios de álbum ilustrado, revista Cornabou ..

Moitos dos seus libros foron traducidos a outras linguas, coma o xaponés, o coreano, o grego ou o hebreo entre outrosCatálogo de 2019 coa relación da venda de dereitos de cada título..

2010-2020 En 2012 obtivo o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polo "seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía"Kalandraka, Premio Labor Editorial Cultural 2012 , Kalandraka.com, 9 de outubro de 2012. En 2013 foi galardoada co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra. En 2018, 2019 e 2020 recibiu o Premio Gala do Libro Galego na modalidade de Teatro por distintas obras (Rio Bravo, Eroski Paraíso e Citizen) de Chévere; nesa Gala, convocada anualmente pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, obtivo en todas as edicións un importante número de candidaturas entre as obras finalistas de cada modalidadesGala do Libro Galego 2019. Obras finalistas, AELG, 15 de marzo de 2019.<ref>Finalistas da Gala do Libro Galego 2020, Editorasgalegas.gal.</ref>.

En 2017 botou a andar a Biblioteca de Teatro'', especializada na publicación de textos teatrais. En 2019 a editorial puxo en marcha a colección "Confluências"Unha ponte literaria peninsular, artigo de Xesús Fraga en La Voz de Galicia o 7 de maio de 2019. En 2020, durante os primeiros meses da crise sanitaria derivada da pandemia mundial de coronavirus, Kalandraka optou por potenciar os contidos de literatura infantil a través da súa canle televisiva, presentada por Bea CamposKalandraka se lanza a los cuentacuentos para superar el confinamiento, ''La Voz de Galicia, 25 de marzo de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Asociación Galega de Editoras.