Gilad Atzmon (En hebreo: גלעד עצמון)), nado en Tel Aviv o 9 de xuño de 1963, é un músico de jazz, escritor e antisionista.

Traxectoria Naceu en Israel nunha familia de xudeus non practicantes (xudeus seculares) e actualmente reside en Londres. Estudou na Rubin Academy of Music en Xerusalén, filosofía en Alemaña e trasladouse a Londres en 1995.

Atzmon toca principalmente o saxo alto, mais tamén os saxos soprano, tenor e barítono, clarinete, sol, zurna e frauta. Toca un mestura de bebop/hard bop, con influencias do free jazz. Ten numerosos premios e recoñecementos.

Discografía Refuge - Enja - outubro de 2007 Artie Fishel and the Promised Band - WMD - setembro de 2006 MusiK - Enja - outubro de 2004 Exile - Enja - marzo de 2004 Nostalgico - Enja - xaneiro de 2001 Gilad Atzmon &The Orient House Ensemble - Enja - 2000 Juizz Muzic- FruitBeard - 1999 Take it or Leave It - Face Jazz - 1999 Spiel- Both Sides - MCI - 1995 Spiel Acid Jazz Band- MCI - 1995 Spiel- In Acoustic & H.M. Acoustica - 1993

Bibliografía A guide to the perplexed, Tradución inglesa de Philip Simpson. Londres : Serpent's Tail, 2002. ISBN 1-85242-826-0 My one and only love. Londres : Saqi, 2005. ISBN 0-86356-507-7 (pbk.). ISBN 978-0-86356-507-6 (pbk.)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Gilad Atzmon home page . Entrevista de Manuel Talens . Comentario de "A Guide to the Perplexed" Comentario de My One and Only Love Gilad Atzmon - Artigo detallado en Citizendium

Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Saxofonistas do Reino Unido Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Nados en 1963