A Avenida do Brasil é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 165 habitantes (84 homes e 81 mulleres). Comprende un treito da estrada PO-552 nun treito duns dous quilómetros.
O nome débese á emigración cara ao Brasil das xentes de Goián, en especial ás cidades de Santos e São Paulo. Ao longo dela hai numerosas casas de tipo colonial construídas polos retornados en principios do século XX, así como o cemiterio parroquial que se construíu coas achegas dos emigrados.
Lugares e parroquias Lugares de Goián
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño