Unha estrutura é o xeito no que se dipoñen os diferentes elementos ou partes dun todo. Os tipos de estrutura diferéncianse nos elementos que a compoñen, ou ben, en como estes se relacionan entre si.
Deste xeito, a palabra estrutura pódese referir a: Estrutura arquitectónica: a disposición e relación dos elementos dunha obra arquitectónica. Estrutura molecular: os elementos que integran o todo son as moléculas, pero o número de tipos de estruturas moleculares dependerá da cantidade de formas nas que ditas moléculas se poidan organizar entre elas. Estrutura social: disposición dos elementos dunha sociedade ou organización, funcionamento. Estrutura mental: organización das ideas, emocións, desexos dunha persoa. Estrutura corporal: partes, funcionamento, tamaño dos elementos que compoñen un corpo. Estrutura Richat: fenómeno que se produce no deserto do Sáhara de Mauritania que só se ve desde o espazo. Estrutura alxébrica: obxecto matemático constituído por un conxunto non baleiro dotado dunha ou varias leis de composición internas ou externas, e eventualmente dunha topoloxía, satisfacendo un certo número de axiomas.
br:Framm es:Estructura ja:構造