miniatura|Escultura Galeon en Cangas de Morrazo. Manuel Coia Franco, nado no Hío (Cangas de Morrazo) en 1940 e finado en Vigo o 5 de xuño de 2017,Manuel Coia foi un escultor galego.

Traxectoria Criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo.

A súa formación é autodidacta. A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios da década de 1970. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.

Residiu moito tempo no Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia, case un panfleto. As esculturas de Coia son pura síntese. Está representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares.

Museos e coleccións que teñen obra súa Casa da cultura de Cangas de Morrazo. Auditorio municipal de Cangas de Morrazo. Museo Quiñones de León en Vigo. Verbum - Casa das palabras en Vigo. Illa de San Simón en Redondela.

Obra Pública O soño do emigrante (1994) Faro de Punta Nariga, Malpica de Bergantiños. O galeón (1 de maio de 2001) Peirao de Ojea, Cangas de Morrazo. O pensador (2015) Praza de San Xosé, Cangas de Morrazo. Os mexillóns. Rotonda de Pedra Alta, Cangas de Morrazo. As pombas. Paseo marítimo, Cangas de Morrazo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Plástica Gallega, Francisco Pablos, Manuel Colmeiro Guimarás, Ángel Ilarri Gimeno, Xavier Pousa Carrera e Antonio Quesada Porto, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, 408 páx., ISBN 84-7231-603-3. Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Museo de Castrelos. Vigo, Concello, 1978. Ligazóns externas

Bibliografía en PintoresGallegos.com .

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Finados en 2017