Ángela Auad, nada en Jujuy o 29 de febreiro de 1945 e finada o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha activista social arxentina que actuaba coa asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos "desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina, motivo polo cal foi secuestrada, torturada e asasinada.

A súa vida Ángela Auad, fora arrestada cando era estudante universitaria en Tucumán, sendo liberada a mediados de 1975.

En 1976 o seu esposo Roberto estaba preso no Chaco. Por ese motivo Ángela entrou en contacto cos Familiares de Desaparecidos y Detenidos por Razones Políticas e as Nais de Praza de Maio.

Desaparición, secuestro, tortura e asasinato Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de MaioO grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Ángela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo.. Entre elas se atopaba Ángela Auad, xunto coas nais fundadoras de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, e as monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.

Ángela foi secuestrada o 8 de decembro coa maior parte do grupo na Igrexa da Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse.

Foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado Capucha. Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:

Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, Ángela e o resto do grupo, foron trasladadas ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedadas a un avión da Mariña e lanzadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.

Identificación do seu corpo e enterro O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora el choque contra objetos duros desde grande altura, como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte . Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.

En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos óseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.

A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.

En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaran novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como probabelmente masculino.

Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 15 de setembro de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que un dos restos individualizados pertencían a Ángela Auad.

O día 25 de setembro de 2005, 28 anos logo de ser asasinada, Ángela Auad foi enterrada no xardín da Igrexa de Santa Cruz, en Buenos Aires, xunto á Irmá Léonie Duquet, unha das monxas francesas secuestradas con ela. Anteriormente tamén foron sepultadas alí as nais de Praza de Maio Esther Ballestrino e María Ponce. As cinzas de Azucena Villaflor foron esparexidas na Praza de Maio.

Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos Documentos secretos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.

O dato está incluído no Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto Informe sobre monjas muertas. Textualmente o documento di:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nais de Praza de Maio Guerra sucia na Arxentina

Ligazóns externas Voy a seguir hasta que aparezcan todos: Esther Ballestrino de Careaga, madre de Plaza de Mayo, Villa Crespo, mi barrio Clarín, 4 de decembro de 2005. Otra víctima de los vuelos de la muerte The National Security Archive. US Declassified Documents: Argentine Junta Security Forces Killed, Disappeared Activists, Mothers and Nuns.

Auad