O Premio de Poesía Afundación antigo Premio de Poesía Novacaixagalicia e denominado ata 2009 Premio de Poesía Caixanova, foi instituído en 2002 pola entidade financeira do mesmo nome en colaboración co PEN Clube de Galicia. En 2010 pasou a denominarse Novacaixagalicia logo da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. Dende o 2013 sumouse a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como patrocinadora do premio.

Gañadores 2002 - Xavier Seoane, Dársenas do ocaso.

2003 - María do Cebreiro, Non queres que o poema te coñeza. 2004 - Román Raña, As metamorfoses do túnel. 2005 - Arcadio López-Casanova, Herdo do canto. 2006 - Marilar Aleixandre, Mudanzas. 2007 - Carlos Penela, Sombras, rosas, sombras. 2008 - Luís Valle Regueiro, A caída. 2009 - Xabier Rodríguez Baixeras, Deserto diamantino. 2010 - Emma Pedreira, Antítese da ruína. 2012 - Xosé Daniel Costas Currás, Monicreques. 2013 - Yolanda Castaño, A segunda lingua. 2014 - Elías Portela, Bazar de traidores. 2015 - Miguel Anxo Fernán-Vello, Duración da penumbra. 2016 - Olalla Cociña, Vestir a noite.

2017 - Estíbaliz Espinosa, As neuronas irmás. 2018 - Gonzalo Hermo, A vida salvaxe. 2019 - Miguel Sande, Os filósofos xa non brindan con cicuta. 2020 - Oriana Méndez, Interna. 2021 - Medos Romero, O Sol era ela. 2022 - Ledicia Costas, Ultraluz.

2023 - Rafa Vilar, Os lugares da memoria. 2024 - Miguel Rodríguez Monteavaro, Cortar pescado en Manila. 2025 - Xosé Miranda, por As torres abolidas. 2026 - Xerardo Quintiá, por Os cantos a Minha Senhor.

Notas

Afundación Categoría:Afundación