El orfanato é un filme de cine español do ano 2007. Trátase da ópera prima do director Juan Antonio Bayona e foi producido por Guillermo del Toro e Telecinco e protagonizado por Belén Rueda.

Tema Cando Laura e a súa familia se trasladan a vivir a un antigo orfanato, o seu fillo adoptivo Simón coñece un amigo invisible.

Argumento

Laura (Belén Rueda) é unha muller adulta que adquire o inmoble que antes fora o orfanato onde viviu, ata a súa adopción, durante a súa nenez con outros cinco nenos, acompañada do seu marido (Fernando Cayo) e o seu fillo adoptivo, coa intención de abrir unha residencia para nenos discapacitados. O seu fillo adoptivo, Simón (Roger Príncep), comeza a se comportar dun modo moi estraño, ao se atopar este cuns novos amigos imaxinarios. Este feito fará que Laura comece a se decatar de todo o que aconteceu na casa tras a súa marcha...

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Páxina oficial Puntuación e críticas de internautas en FilmAffinity

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bayona Categoría:Filmes de Telecinco Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en España