Manuel Carrasco i Formiguera, nado en Barcelona o 3 de abril de 1890 e finado en Burgos o 9 de abril de 1938, foi un político e avogado catalán, líder democristián e nacionalista catalán.
Traxectoria Estudou na Universidade de Barcelona, onde se doutorou e especializou en dereito mercantil. Interesado na docencia, posteriormente foi profesor na Escola de Altos Estudos Comerciais, centro dependente da Mancomunidade de Cataluña.
Acción política Foi militante da Joventut Nacionalista da Lliga Regionalista e no ano 1920 entrou como concelleiro na corporación barcelonesa. Participou na función de Acció Catalana (1922) e nese ano creou L'Estevet, semanario nacionalista onde se publicaron unhas caricaturas críticas coa ditadura de Primo de Rivera que o levaron á prisión.
No ano 1930 participou no Pacto de San Sebastián representando Acció Catalana, e no ano 1931 ao se proclamar a República foi nomeado Conseller de Sanitat i Beneficència do goberno de Cataluña (1931-1932) baixo a presidencia de Francesc Macià. Meses despois foi elixido deputado nas Cortes españolas nas eleccións xerais pola circunscrición de Xirona, cesando en outubro de 1933, alí destacou pola súa defensa da integridade do Estatut de Núria e a liberdade relixiosa. O ano 1932 resultou expulsado de Acció Catalana xunto con outros destacados membros do sector católico e ingresou na Unió Democràtica de Catalunya, creada pouco antes.
Condena a morte Iniciada a Guerra civil (1936) Carrasco i Formiguera mantívose leal á República sen perder a súa ideoloxía democristiá, feito que lle vale ser perseguido por sectores anarquistas e comunistas do bando republicano, esta situación fórzao a trasladarse a Euskadi, onde colabora co goberno do lehendakari Aguirre.
Coa conquista franquista de Guipúscoa no mes febreiro de 1937, Carrasco i Formiguera decidiu tornar a Cataluña para recoller á súa familia e en marzo atravesou Francia coa súa familia, embarcando en Baiona cara a Bilbao, mais a mariña franquista interceptou o seu navío, o Galdames, e foi encarcerado. Trasladado a Burgos foi condenado a morte nun xuízo sumarísimo realizado o 8 de agosto de 1937.
A execución da sentenza non se produciu ata o 9 de abril de 1938 tras xestións do Vaticano para impedila. Segundo diversos autoresJosep M. Solé i Sabaté i Joan Villarroya, capítulo Maig de 1937 - Abril de 1939 a Víctimes de la Guerra Civil, ISBN 84-860-333-4, px. 229, onde se cita a Hilari Raguer, a execución ordenouna persoalmente Franco, en reacción á protesta de diversos gobernos estranxeiros, entre os cales se inclúe o Vaticano contra os bombardeos pola aviación franquista de obxectivos civís.
A súa viúva, Pilar Azemar i Puig de la Bellacasa, tamén militante da UDC, mantivo vivo o facho dos ideais do seu marido e promoveu desde 1976 a rehabilitación da súa figura. O 25 de setembro de 2005 o Congreso dos Deputados a proposta de CIU anulou o Consello de Guerra que o condenara a morte"El Congreso acuerda anular el consejo guerra a Carrasco i Formiguera".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información de Manuel Carrasco i Formiguera na Web de UDC Sumarissim 477: Especial Carrasco i Formiguera na TV3
Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos de Acció Catalana Categoría:Políticos de UDC Categoría:Antifranquistas de Cataluña Categoría:Deputados nas Cortes da II República