James Franck, nado en Hamburgo o 26 de agosto de 1882 e finado en Gotinga o 21 de maio de 1964, foi un físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925.
Traxectoria Traballou en Alemaña e nos Estados Unidos sobre física cuántica. En 1925, recibiu o premio Nobel de física, principalmente polo seu traballo nos anos 1912-1914, en especial o experimento de Franck-Hertz, unha confirmación do modelo de Bohr do átomo.
O exilio aos Estados Unidos En 1933, tras a toma do poder polos nazis, deixou a súa praza en Alemaña e proseguiu as súas investigacións nos Estados Unidos, primeiro na Universidade Johns Hopkins de Baltimore e logo en Chicago, tras un ano en Dinamarca.
Nacionalizouse estadounidense e participou no proxecto Manhattan tras a segunda guerra mundial. Era director do Comité sobre problemas políticos e sociais que expuxo a bomba atómica. Este comité contaba tamén con outros científicos do laboratorio de metalurxia do Proxecto Manhattan na Universidade de Chicago, entre os que estaban Donald J. Hughes, J. J. Nickson, Eugene Rabinowitch, Glenn T. Seaborg, J. C. Stearns e Leo Szilard. O comité emitiu o 11 de xuño de 1945 un informe (o "informe Franck Enlac ao texto íntegro do informe, en inglés») sobre os problemas expostos polo uso militar da bomba atómica.
Obtivo o premio Rumford en 1955 polos seus traballos sobre a fotosíntese.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía oficial Texto del Informe Franck sobre o uso da Bomba atómica
Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Físicos cuánticos