San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Allariz da diocese de Ourense. A maior parte do seu territorio pertence ao concello de Allariz, sete dos oito lugares que a compoñen están neste concello: Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro e As Tabernas; mentres que só un lugar, Celeiros, pertence ao concello da Merca, que na realidade forma un único núcleo co lugar homónimo de Allariz.

Xeografía Limita coa parroquia allarizá de San Mamede de Urrós ao sur e coa da Mezquita, na Merca ao oeste. Ao norte e ao leste, limita co concello de Taboadela.

É unha parroquia bastante chá, lindada ao oeste por un río pequeno que vai afluír ao Arnoia. Ao leste da parroquia, xusto polo bordo co concello de Taboadela, decorre a autovía A-52 que une Ourense coa Meseta.

Poboación Segundo o IGE, só estarían habitados catro dos oito lugares da parroquia: Celeiros (A Merca) (3), A Coruxeira (17), San Vitoiro (119) e A Pedreira (9), o que fai un total de 148 habitantes (69 homes e 79 mulleres). Isto supón un descenso con respecto ao ano 2006, cando tiña 159.

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Vitoiro da Mezquita, Allariz San Vitoiro da Mezquita, A Merca

Categoría:Parroquias eclesiásticas divididas entre dous concellos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vitoiro Categoría:Artigos de Galicia sen datos de superficie