O premio Xarmenta é un galardón que organiza e entrega desde 2005 a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta para promover a lingua galega do Bierzo. A gala de entrega dos galardóns ten lugar no Teatro Bergidum de Ponferrada no mes de xaneiro de cada ano. Desde a súa cuarta edición ten unha periodicidade bienal.Ver noticia en La Crónica do 16 de xaneiro de 2009,

Categorías

Premio Xarmenta para unha personalidade que se distinga pola súa defensa da lingua galega fóra da Galiza administrativa, especialmente no Bierzo. Premio Xarmenta para unha institución, colectivo, empresa etc., que colabore de forma decidida co desenvolvemento e promoción da lingua galega no Bierzo.

Premiados

2005: Luís Tosar e o Consejo Comarcal del Bierzo. 2006: Amancio Prada e a Real Academia Galega. 2007: Manuel Rivas e de maneira conxunta Xunta de Galicia e máis Xunta de Castela e León. 2008: Susana Seivane e de maneira conxunta Aira da Pedra e mais a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.

Galardón: volutaVoluta de Sargadelos de Sargadelos.

Membros do xurado

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Concello de Cacabelos.. Concello da Ponte de Domingo Flórez. Comisión Cultural Martín Sarmiento. Consejo Comarcal del Bierzo. Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta promove a lingua galega na comarca galegofalante do Bierzo.

Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Berciana da Lingua Xarmenta. Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2005 Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2006 Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2007 Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2008

Notas

Categoría:Lingua galega Xarmenta Categoría:O Bierzo