María Seoane Romero, nada en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1981, é unha avogada e expolítica galega do PPdeG.

Traxectoria Estudou no colexio Pío XII, no instituto Arcebispo Xelmírez I e despois Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser diplomada polo Seminario de Estudos de Defensa CESEDEN-USC, con especialización no estudo das guerrillas colombianas.

Traballou coma asesora cultural e para a xestión económica da Fundación Valle–Inclán dende o 2004 ata o 2009.

Afiliouse ó Partido Popular de Galicia con 18 anos e dende entón colaborou en Novas Xeracións, primeiro coma vogal na xunta local de Santiago de Compostela, onde tivo responsabilidades na área de asociacionismo e formación, máis tarde como coordinadora de Muller e Asuntos Sociais de Galicia e dende maio de 2005 como coordinadora xeral. Tamén integra a xunta directiva do PPdeG dende 2006. Accedeu á Presidencia Rexional de Novas Xeracións de Galicia en decembro de 2006, cargo que ostentou ata o ano 2010. Foi membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia dende 2006.

Foi membro do Consello da Xuventude de Galicia do 2005 ó 2007, sendo a Secretaria de Ensino e Voluntariado, concelleira do Concello de Santiago de Compostela entre 2007 e 2011 e deputada autonómica polo PPdeG no Parlamento de Galicia dende 2009.

Colaborou na revista dixital Vieiros e mais en Galicia Confidencial, e publicou o libro Dona dun verso feito son.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de María Seoane no Parlamento de Galicia

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela