miniatura|200px|Monumento e estatua de João Gonçalves Zarco no centro de Funchal. João Gonçalves Zarco, nado en Tomar ou Leça da Palmeira en 1394 e finado en Funchal o 21 de novembro de 1471Tombo 1º do registo geral da Câmara Municipal do Funchal, foi un navegante, explorador e fidalgo portugués da Casa de Henrique, duque de Viseu.
Traxectoria Comandante de carabelas, descubriu a illa de Porto Santo en 1418 xunto con Tristão Vaz Teixeira e despois a illa de Madeira con Bartolomeu Perestrelo en 1419. Foi o primeiro Capitán Donatário de Funchal ata a súa morte. En 1437 participa na tentativa fallada de conquistar Tánxer, onde foi armado cabaleiro. A 4 de xullo de 1460, por concesión de Afonso V, Zarco pasou a ostentar o apelido Cámara, derivado de Câmara de Lobos, designación atribuída polo navegador a un lugar da Illa de Madeira onde descubriu gran cantidade destes animais.
Notas
Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1394 Categoría:Finados en 1471 Categoría:Nados en Portugal Categoría:Navegantes